Baños
Os días 23 e 24 de setembro terá lugar a primeira edición de Baños de Mar, que organiza o Concello de Ribadeo. Haberá charla, visita guiada, xantar campestre e moitas outras actividades, que foron presentadas pola edil de Turismo, Marta Saiz.
A concelleira ribadense dixo que “dentro das actividades de SetembroXNatural presentamos a vindeira fin de semana a primeira edición de Baños de Mar Canouras pioneiras do turismo. O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza”.
Saiz contou que “as actividades desenvolveranse durante toda a fin de semana. O sábado, 23 de setembro, ás 11:30 horas na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia a cargo de Rafa Quintía, que falará sobre hidroterapia, talasoterapia e o culto asociado ás augas na cultura galega....
leer másOs baños da praias das Catedrais estarán abertos desde mañá, sábado, ata o vindeiro 18 de abril. Así o anunciaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije. O edil subliñou que se trata dun servizo modélico que estará operativo sete horas e media cada xornada.
O concelleiro ribadense explicou que “desde mañá, sábado, día 9, ata o luns 18 de abril, estes días de vacacións de Semana Santa, van estar abertos os baños de As Catedrais. Outro ano máis empezamos con este servizo que prestamos desde o Concello, que está dando moi bo resultado e é modélico”.
O prezo será o mesmo do último ano: “a tarifa é de 1 euro, o que permite ter todo limpo, cunha persoa que está alí todos os días durante 8 horas, das que 7 horas e media ten os baños abertos ao público e o outra media dedícaa a deixalo todo preparado...
leer más