Gastronomía
Na parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.
O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.
Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a...
leer másDesde a organización sinalan que “mañá venres quen queira colaborar co mercadiño gastronómico a favor da AECC de Ribadeo, pode levar os seus postres, comida.... a partir das 12 da mañá ao bar A Menchina ata a hora de celebrar o mercadiño no Parque de San Francisco”.
Alí poranse á venda empanadas, tortillas, biscoitos, rsoquiñas, tartas e freixós, refrescos, sangría.
A recadación irá destinada á AECC de Ribadeo.
O vindeiro domingo, 14 de agosto, celebrarase a IV Festa do Ovo Frito, co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros. Será a partir das 19:30 horas no campo de fútbol do Cascabeiro, onde haberá cea e verbena.
O presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, explica a celebración: “levamos varios anos facéndoa, esta é a cuarta edición porque estivo suspendida dous anos pola pandemia que houbo, entón este ano retomámola outra vez. Consiste en recadar algún fondo para o equipo de fútbol, que se necesita todo porque hai moitos equipos, hai pouca afección e as televisións levaron a toda a xente que viña ao fútbol polas tardes”.
O prezo da cea é de 10 euros, con venta anticipada os tíckets poden adquirirse a 8 euros no centro social de Barreiros ou contactando cos membros da organización. García Cela...
leer másO vindeiro 20 de agosto celebrarase en Foz a II Panceparty, unha pancetada organizada por Éche O Que Hai, coa colaboración do Concello.
Será no Campo da Cabana a partir das 20:00 horas, pero xa ás 13:00 horas se poderá desfrutar da sesión vermú, que contará con música en directo e DJ.
Nesta festa poderase elixir entre panceta con chourizo ou langostinos, e con cada ración vai incluído pan, auga, viño e unha rifa. O sorteo será ás 00:30 horas
O prezo do tícket é de 10€, pero con venta anticipada a pode conseguirse a 9€ na web www.echeoquehai.com
O 31 de xullo celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición de Toma Tomate. Haberá desfile, música e os bares da contorna ofrecerán tapiñas elaboradas con este produto da horta.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello de Ribadeo, na súa aposta pola promoción da alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade, continúa como todos os veráns a realizar eventos dentro do Mercado dos Domingos. Así o 31 de xullo terá lugar unha cita dedicada ao tomate”.
O edil ribadense sinalou que “o tomate é ese produto que ten orixinado moitas expresións da nosa fala cotiá como toma tomate ou aquí hai tomate e que deixa constancia da súa enorme popularidade. Trátase dunha hortaliza que forma parte e se integra en moitas das receitas dos nosos menús. E é especialmente no...
leer másA segunda edición do Tapeo Bonito comezará na hostalería de Burela a partir deste xoves 28 de xullo e ata o domingo 7 de agosto, día no que finaliza a XXXVI Feira do Bonito que se retoma despois de dous anos de parón por mor da pandemia da Covid-19.
Neste programa organizado pola Asociación Ledicia xunto co Concello, e no que colabora ABSA, participarán un total de nove establecementos da localidade con pratos e tapas que enxalzarán esta xoia gastronómica ao longo de dúas semanas, coincidindo coa estrea neste 2022 do nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Veciños e visitantes poderán gozar da frescura e cualidades deste túnido, así como das dotes culinarias da hostalería burelesa, que presentarán aos seus clientes o produto con receitas tradicionais e de vangarda que potencian o seu sabor.
... leer másComeza a contra atrás para a trixésimo sexta edición da Feira do Bonito de Burela, que se celebrará a primeira fin de semana de agosto. Organizadores e Concello veñen de realizar a presentación oficial na Casa Consistorial coa colaboración da Deputación de Lugo, que promoveu unha sesión de showcooking e unha degustación posterior deste produto emblema.
Burela estreará este 2022 o recente nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional despois de anos de arduo traballo para acadar esta distinción e dous anos de pandemia que impediron celebrar esta feira tan sinalada na localidade.
No acto de presentación estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel...
leer másO C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello organizará unha paella popular o vindeiro 29 de xullo. Este evento gastronómico realizarase na Praza dos Fornos as 22:00h.
As persoas interesadas en acudir deberán retirar as tarxetas en Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou en Bar Lennon, antes do 27 de xullo.
O prezo será 12€ para os non socios e gratis exclusivamente para os socios que sexan cabeza de familia ou fill@s menores e dependentes economicamente deles. Os socios deben igualmente retirar unha tarxeta por persoa.
O vindeiro 30 de xullo celébrase a XVII Festa do Percebe de Rinlo, que está coorganizada polo Concello e pola Confraría de Pescadores de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou: “énchenos de orgullo poder volver presentar esta festa, esta XVII Festa do Percebe, dunha parroquia que quere poñer en valor un dos máis prezados produtos que nos dá o mar así como o duro traballo que fan este colectivo de percebeiras e percebeiros de Rinlo e de Ribadeo”.
O rexedor indicou que “desde o Concello coorganizamos coma todos os anos esta festa xunto ca Confraría de Pescadores de Ribadeo e para iso pretendemos ofrecer o mellor das nosas capacidades para que esta festa volva ser un foco de atracción de xentes de aquí e de acolá para gozar dun día de festa na nosa parroquia mariñeira de Rinlo como vai ser o sábado 30 de...
leer más