Gastronomía
Ribadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable, unha mestura de feira de alimentación de produtoras e produtores agroecolóxicos de proximidade, de artesanía, espazos de exposición, de debate e de dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos. Haberá moita actividade musical e animación durante estes dous días, como se recolle no amplo programa”.
O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda...
leer másO Concello de Burela celebrará este venres 23 de setembro a primeira colleita dos hortos urbanos cunha xuntanza entre todos os usuarios. Será a partir das 18 horas no espazo alugado polo concello para o cultivo.
Cada persoa poderá levar os produtos que desexe para compartir nesta merenda social, e o concello habilitará mesas e aportará a animación musical.
Tamén asistirán técnicos da Deputación de Lugo que participaron nas formacións sobre os hortos urbanos.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convidou a participar “nesta xornada de convivencia para celebrar que o traballo destes meses dá os seus froitos, compartindo a experiencia entre todas as persoas, un punto moi importante desta iniciativa, a interacción social”.
Medio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.
A deputada Mónica Freire explicou que “se trata dunha iniciativa transversal dentro das liñas estratéxicas impulsadas dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo, xa que procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”.
“Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria. Actividades tan dinámicas como o propio Festival Eo de Alimentación Sustentable ou proxectos como a...
leer másA laurentina Marina Oural Villapol será a pregoeira da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 30 de setembro ao 2 de outubro. A lectura do pregón está programada para o sábado 1 de outubro ás 12 horas na praza do Conde Santo.
Marina Oural Villapol (Lourenzá, 1968) é directora, docente e produtora. Filla e neta de labregas/os, de nena quería estudar coreografía. Técnico en Relacións Públicas, traballa no Coliseum de A Coruña para a Concellaría de Cultura e Deporte e crea o seu propio gabinete ATANA (A Coruña 1993-2009), producindo contextos para colectivos, concellos e Xunta de Galicia ao tempo que imparte aulas desta profesión en diferentes escolas. No 2009 disolve a vida na cidade e volve á aldea natal laurentina. Alí atópase de cheo coa psicóloga e cantora Ugia Pedreira; comezan dúo artístico ao tempo que co-...
leer másEste domingo, 11 de setembro, celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición do Día do Produto Local, unha xornada para poñer en valor a compra e o consumo dos produtos de proximidade.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “por este motivo, ao longo da mañá do domingo, ademais da venda directa dos produtores e produtoras que forman parte habitualmente deste mercado, terán lugar unha serie de actividades para todos os públicos”.
O edil ribadense conta que “arredor das 11da mañá haberá unha exposición, da man do CEFEA Pedro Murias, na que se amosarán as diferentes variedades de tomates, pementos e cabazas cultivadas no propio centro para despois disfrutar dunha degustación dos mesmos. Aprenderemos tamén un pouco máis sobre cultivos e os coidados nunha actividade para todas as...
leer másA alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.
Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.
A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos a sesión extraordinaria deste órgano participativo e consultivo na que se fallaron os terceiros premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. Ademais, esta edición recoñecerá tamén a sustentabilidade co premio de Turismo Sostible, exclusivo desta edición ao estar enmarcado dentro das accións que a Deputación de Lugo leva a cabo como antesala do evento Copa España Creativa - Fórum Lugo 2022.
Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense, o xurado distinguiu á Asociación Veciños de Vilachá de Salvadur; a Ruta da Faba de Lourenzá; ea Fundación Xosé Soto de Fión, e na de ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense gañou o Consello Regulador da DO...
leer másNa parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.
O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.
Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a...
leer másDesde a organización sinalan que “mañá venres quen queira colaborar co mercadiño gastronómico a favor da AECC de Ribadeo, pode levar os seus postres, comida.... a partir das 12 da mañá ao bar A Menchina ata a hora de celebrar o mercadiño no Parque de San Francisco”.
Alí poranse á venda empanadas, tortillas, biscoitos, rsoquiñas, tartas e freixós, refrescos, sangría.
A recadación irá destinada á AECC de Ribadeo.
O vindeiro domingo, 14 de agosto, celebrarase a IV Festa do Ovo Frito, co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros. Será a partir das 19:30 horas no campo de fútbol do Cascabeiro, onde haberá cea e verbena.
O presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, explica a celebración: “levamos varios anos facéndoa, esta é a cuarta edición porque estivo suspendida dous anos pola pandemia que houbo, entón este ano retomámola outra vez. Consiste en recadar algún fondo para o equipo de fútbol, que se necesita todo porque hai moitos equipos, hai pouca afección e as televisións levaron a toda a xente que viña ao fútbol polas tardes”.
O prezo da cea é de 10 euros, con venta anticipada os tíckets poden adquirirse a 8 euros no centro social de Barreiros ou contactando cos membros da organización. García Cela...
leer más