Exposiciones

12/03/2019

Ata o 26 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de San Ciprián a exposición “Áreas Mariñas Protexidas”, unha actividade complementaria á Festa do Ourizo, que se celebra este sábado, día 16.

A mostra foi elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA); e o obxectivo pasa por sensibilizar ao público visitante arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso cultural e económico; dar a coñecer a figura das áreas mariñas protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e do litoral, e sinalar o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

A información que se pode atopar estrutúrase en catro bloques: recursos do mar, problemáticas de conservación, a pesca en Galicia e as Áreas...

leer más
Etiquetas:
07/03/2019

Hoxe, xoves, inaugurouse no colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, unha exposición con material escolar dos 50 anos de vida do centro nas súas actuais instalacións.

A mostra, titulada 50 anos: do pizarrín ó portatil, estará aberta ao público no centro ata o día 31 deste mes. Pode visitarse os días lectivos de 17:00 a 18:30 horas, os sábados de 18:30 a 20:00 e os domingos de 12:30 a 14:00 horas.

Esta exposición forma parte do programa de actividades organizadas polo colexio Sagrado Corazón con motivo do 50º aniversario das súas instalacións actuais, que están na rúa Carlos III, número 4, da vila ribadense, e que abriron as súas portas en setembro de 1969.

 

Etiquetas:
02/03/2019

Ata o 28 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición fotográfica "Marcha de Mulleres Galegas", organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O horario para ver esta mostra será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. No acto de inauguración, celebrado onte, estivo o concelleiro de Cultura, José Díaz. 

 

Etiquetas:
01/03/2019

Na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurouse a exposición Síntese. Trátase dunha mostra de 23 fotografías que recolle obras d@s participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II. Síntese poderase visitar ata o 10 de marzo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas. Ao acto de inauguración, celebrado esta mañá, asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Ana Martínez e Farruco Graña.

O rexedor ribadense dirixiuse aos asistentes dicindo: “estamos moi orgullosos de vosoutros e vosoutras de maneira xeral e particular, estamos moi orgullosos dos profesores e dos alumnos. Quero dicilo dunha maneira sincera porque non me canso de repetilo. Sempre digo que vivimos varios obradoiros no pasado que non teñen nada que ver con este. Valoro moito o que acaba de dicir a directora, que hai un esforzo moi grande...

leer más
28/02/2019

La Sala Municipal de Exposiciones de La Caridad, en el Occidente asturiano, acoge una muestra de pintura de Iván López titulada Los Principios.

La exposición permanecerá abierta del 2 al 17 de marzo. El horario de visitas será de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas de lunes a viernes y de 12 a 14 horas los sábados, domingos y festivos.

Iván López, residente en Ribadeo y natural de El Franco, pinta acrílico, óleo y spray, en formatos grandes, de un estilo abstracto en el que el color es el gran protagonista.

 

Etiquetas:
25/02/2019

O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas  para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.

Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro  que  conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.

O acto inaugural terá lugar o vindeiro...

leer más
Etiquetas:
12/02/2019

Ata o 22 de febreiro estará aberta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en Burela, a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres durante a tempada 2018. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde burelés, Alfredo Llano, e da concelleira de Muller e Servizos Sociais, Noelia Mª Ben. 

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes. 

 

23/01/2019

Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.

A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.

No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno. 

 

Etiquetas:
09/01/2019

A Semana Santa de Burela será a protagonista da exposición que se inaugurará o vindeiro venres, 11 de xaneiro, na Deputación Provincial de Lugo. Alí poderá visitarse ata o 27 deste mes. Para o alcalde burelés, Alfredo Llano, trátase dun bo escaparate para dar a coñecer a Semana Santa burelesa.

O rexedor anunciou que “o próximo venres, día 11, vai haber a apertura dunha exposición da Semana Santa de Burela, que se titula Hai un lugar para ti, e vaise facer ás cinco da tarde na Deputación Provincial de Lugo, na praza de San Marcos. Está organizada pola asociación cultural Semana Santa de Burela e o Concello tamén quere colaborar e aportar o que poidamos para que a esa inauguración vaia o máximo de xente posible. Queremos animar a que as persoas que dalgún xeito queren estar alí presentes para esa inauguración que se aproximen se poden ata...

leer más
Etiquetas:
25/12/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, entregaron esta tarde os premios aos gañadores da terceira edición do concurso fotográfico "O meu recuncho de Mondoñedo”.  

A fotografía gañadora é de Andrea Gacio mentres que o segundo e o terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente. 

Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que dende o Concello elaboraron o calendario para o vindeiro ano 2019.

As fotografías estarán expostas na oficina de turismo durante todo o Nadal.