A Oficina de Turismo de Foz, que está situada no edificio do Cenima, estará aberta no verán, durante os meses de xullo e agosto, de luns a sábados de 10 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 20:00 horas polas tardes. Os domingos abrirá de 11 a 14 horas e os festivos de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
O punto de información turística da Basílica de San Martiño, que está no centro de interpretación da mesma, tamén estrea horario de verán. De martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes. Os domingos abre de 10:30 a 13:00 horas e os luns está pechado.
Haberá visitas guiadas á Basílica de San Martiño ás 10:30 e ás 19:15 horas. As persoas interesadas en contar con este servizo poden solicitalo con Silvia Blach no 982 13 26 07 ou 620 623 592.