Exposiciones
A exposición "A fuego y color" dos artistas mindonienses Irma Loureiro e Raimundo Rubal coas series "Arte no Camiño" e "Eolo enfurecido", respectivamente, foi inaugurada no Auditorio Municipal de Mondoñedo. O acto contou coa participación da alcaldesa, Elena Candia, o concelleiro de Xuventude, Alberto García, e os propios autores das obras de pintura e escultura.
A mostra poderá ser visitada os sábados e domingos de cinco da tarde a nove do serán.
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 6 de setembro a exposición de pintura Taras, de Mónica Filgueira Formoso.
A pintora Mónica Filgueira di que “las taras diseñan cárceles: prisiones que visten sus muros con fotos en blanco y celdas de barrotes tatuados con la palabra miedo. He conseguido escapar de muchas de ellas”.
A exposición permanecerá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela ata o día 6 de setembro. Pódese visitar de luns a venres no horario da Casa da Cultura.
Esta é a segunda mostra que a artista plástica Mónica Filgueira Formoso, presenta en Burela.
Este martes, 21 de agosto, no Cenima de Foz ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da exposición Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra é un encontro entre a cerámica de Alfonso Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen, desde que descubriu a Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A exposición permanecerá no Cenima de Foz ata o vindeiro 31 de agosto. Está organizada polo Complexo RegalXunqueira e o Concello de Foz.
Ribadeo acollerá este venres, 10 de agosto, o concerto que ofrecerán A Gramola e Calabash. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E o sábado inaugúrase no Forte de San Damián unha nova edición de Mariñarte na que as protagonistas serán as Conversas entre Cristina Basanta e Lucía Vila.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo que “o verán vi avanzando e con el se van desenvolvendo as distintas actividades que organizamos ou axudamos a organizar desde a Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo. Aínda quedan un par de días para poder visitar a exposición de Cris Andina no Forte de San Damián”.
O edil nacionalista salientou que “este venres poderemos escoitar a A Gramola e Calabash, que reaparecen nun concerto conxunto. Será ás oito e media da tarde no Teatro de Ribadeo e a entrada será gratuíta. Vai haber en...
leer másEste sábado, 11 de agosto, ábrese na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove, a XI edición de Xove 360º. Esta mostra, que o Concello organiza cada ano xunto co colectivo de fotógrafos de Xove, leva o título de Fervenzas e nesta sección preséntanse 13 fotografías. Os fotógrafos participantes elixen cada ano un tema sobre o que cada un deles presenta unha ou dúas propostas fotográficas. O resto da exposición, con 34 das 47 fotografías que a conforman, é de tema libre e inclúe unha gran variedade de temáticas como paisaxes, retratos, flora e composicións, entre outras.
Os fotógrafos participantes este ano son: Alberto Rapa, Andrés García, Diego Fanego, Javier Sánchez, Javier Villares, José Emilio Gómez, José Manuel Blanco, Mateo Guerreiro, Pedro Antonio Vicente, Rubén Pico, Santos Cordovilla e Carolina Moreira. A exposición estará aberta...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, acolle ata o 31 de agosto unha mostra de Hipólito Xeada.
Trátase de obras cargadas de realismo nas que se poden recoñecer fermosas paisaxes e lugares de referencia do concello de Cervo.
No acto de inaguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, así coma outros membros do equipo de goberno cervense.
A sala de exposicións do complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle, dende este xoves, 2 de agosto, a mostra titulada Forza, Espazo, Tempo, de Pepa Nieto. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas, e a exposición permanecerá no RegalXunqueira ata o 31 de agosto.
A propia artista manifesta que “moldear la arcilla es dar vida a la materia. Mis esculturas se basan generalmente en formas de expresividad que se hacen patentes en el reconocimiento de mi obra. Formas que están relacionadas con las técnicas tradicionales, aunque en su mayoría prevalece intencionadamente ese corte moderno y de actualidad, por el que siento verdadera pasión”.
Pepa Nieto naceu en Outes (Coruña) e reside en Madrid. Entre outras distincións, obras súas foron seleccionadas no Concurso Anual de Artes Plásticas 2000 na modalidade de Cerámica do...
leer másEste mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, terá lugar a inauguración da mostra titulada Huellas de Araceli Larrán e Lucía Vila.
Huellas revela ao espectador invencións, apuntes, observacións e procesos de investigación destas dúas artistas. O proxecto ten un punto de partida intimista do que se xeran obras que abarcan diferentes ámbitos técnicos: debuxo, pintura, poesía, collage…
Lucía Vila é licencia en BBAA e Historia das Artes, e compaxina a súa actividade artística coa docencia en ensinanzas medias. Araceli Larrán, formada en BBAA, traballa como profesora de ensinanzas medias en Cantabria, onde reside.
A exposición estará no Cenima de Foz ata o día 15 de agosto, e pode visitarse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
...
No complexo Regalxunqueira de Viveiro inaugúrase mañá, 24 de xullo, ás 20:30 horas unha exposición de pintura e cerámica de Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra presenta un encontro entre a cerámica de Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen desde que descubriu este lugar da Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A mostra permanecerá, na sala de exposicións de Regalxunqueira, ata o día 15 de agosto.
A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle estes días a mostra “Adaptacións” de Xosé López Losada, “Xolo”, natural de Ourol.
O artista estivo acompañado no acto inaugural pola a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Servizos Sociais, Pilar Armada, e os concelleiros de Deportes e Obras, José Ramón Soto e Plácido Pérez, respectivamente, ademais de compañeiros e compañeiras da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.
A mostra, que pode visitarse ata o 30 de xullo, está composta por 15 obras escollidas de entre máis de 200 cadros que conforman a colección de “Xolo”, que está ligado ao mundo da artes desde que era un neno.
O pintor trasladouse a Salamanca no ano 1987 para estudar Belas Artes, onde acadou Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...
leer más