A Sala de Exposicións do Complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle ata o día 28 de xullo a mostra titulada "Hai Mulleres", de Otero Regal.
Esta exposición presenta retratos ilustrados con poemas e prosa. Unha idea que naceu coma homenaxe á muller. A mostra estivo de xira por outras cidades do Estado.
Os autores dos textos literarios que acompañan á mostra son: Xoan Neira, Javier Rivera, Jaime Oroza, Renata Otero, J.J., Paco Rivas, Manolo Romero Mancha, Carlos Clementson Cerezo, Santiago Lafuente Flors, Virginia Araya, Susana Obrero, MªLuz Escuin, Tirsa Caja, Carlos Boves, Pedro García Cueto, José Luis Morales, Matías Muñoz Borja, Juan Pedro Carrasco García, Graciela Pelegrín, Ezequías Blanco, Isabel Flors Aparicio, Elsa López, Luis Alberto de Cuenca, Javier Lostalé, Cristóbal López de la Manzanara, Pepe Viyuela Castillo, Pablo Mosquera, X. Lombardero, Vicente Míguez, Manuel Cortijo Rodríguez, Alicia Muñiz e o propio Alfonso Otero Regal.