Exposiciones
O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.
A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...
leer másO próximo sábado, 11 de maio, terá lugar a inauguración da colección de acuarelas de Alfoz e A Mariña do pintor leonés Juan Ramón Alves Fernández, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz.
Durante o acto de inauguración, previsto para as 11.00 horas no Castelo de Castrodouro, o acuarelista Juan Ramón Alves efectuará unha demostración para todos os visitantes que se acheguen.
Ademais presentarase o IV Maratón o Aire Libre do Concello de Alfoz, que terá lugar o sábado 27 de xullo e no que poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. Como en anos anteriores, a temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal.
A exposición Bujados: bosquexos, poemas e documentos inaugurouse este sábado na Biblioteca Municipal de Viveiro, e inclúe unha colección de apuntamentos, bosquexos e debuxos orixinais do artista Manuel Bujados. A exposición estará aberta ata o 2 de xuño en horario de luns a venres de 16:30 a 20:30horas e o sábado de 11:30 a 13:30 horas. A mostra está organizada pola Deputación de Lugo, a Rede Museística Provinciale o Concello de Viveiro.
Bujados: bosquexos, poemas e documentosfundaméntase no legado que María LuísaBlascoBujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo no 2016.Trátase dunha colección inédita e de gran importancia para profundar no coñecemento da obra de Bujados, no seu proceso creativo e na súa dedicación profesional á ilustración. A colecciónrecibiuun tratamento de conservación por parte do persoal...
leer másNa Casa da Cultura de Burela inaugurouse hoxe a exposición Auga. O sangue da terra, de Manuel Varcárcel. A mostra permanecerá ata o 28 de maio e o horario de visitas será de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres. A exposición chega á vila da man de ABanca e Afundación, tras o convenio de colaboración asinado hai uns días co Concello de Burela.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, explicou que “é unha exposición de sensibilización sobre o elemento da auga porque realmente debe ser algo que nos debe preocupar e que debemos atender, que debemos xestionar e desde logo telo sempre presente en todo o aspecto da vida para que estea da mellor maneira posible do noso lado e tratar de ser responsables no seu consumo”.
O rexedor contou que “houbo alumnos esta mañá do IES Monte Castelo e basicamente o que viñemos a...
leer másABANCA, Afundación e o Concello de Burela asinaron esta mañá, ás 12.45 h, no Concello, un convenio de colaboración cultural mediante o que as tres entidades desenvolverán a exposición «Auga. O sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel. Asistiron á sinatura o alcalde, Alfredo Llano García; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez; a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e o director de ABANCA en Burela, Javier Parga.
A exposición «Auga. O sangue da terra» realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lugués río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto...
leer másMañá, sábado, terá lugar a inauguración da exposición en homenaxe ao debuxante Suso Peña. Será na oficina de turismo, ás 18:30 horas. A mostra, na que tamén haberá obras doutros artistas da comarca e da provincia, permanecerá aberta ata o 25 de maio e leva por título Suso Peña. Mestre de Vida e Soños. No acto de inauguración de mañá participarán o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil de Cultura ribadense anunciou que “este sábado, 27 de abril, ás seis e media da tarde, inaugurase a exposición Suso Peña. Mestre de Vida e Soños que vai estar aberta ata o sábado 25 de maio, na sala de exposicións de Turismo”.
Farruco Graña explicou que “esta mostra se encadra nas actividades que, desde o Concello de Ribadeo en colaboración co asociacionismo cultural de base do noso concello e a...
leer másO vindeiro, 17 de abril, no CENIMA de Foz, ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da sexta edición da Semana das Artes dedicada ó artista ribadense Suso Peña. Por esta mostra pasarán máis de 1.500 alumnos/as dos centros de ensino da Mariña.
A exposición estará aberta ata o 17 de maio e poderá ser visitada en horario de mañá ata as 12:30. Festivos e fin de semana os sábados de 18 a 20, agás o 1 de Maio. Así mesmo os xoves 9 e 16 de Maio, no mesmo horario se realizarán visitas guiadas.
ZILI KATOVA, PABLO SÁEZ, OTTO TRETO, PABLO LIVIO, RENATA OTERO REGAL, OTERO REGAL, MAURO LEIVAS, XOÁN GUERREIRO, LOMARTI, GRUPO LAG (Lara Buyo e Ana Corujo), DAVID CATÁ, VERÓNICA VICENTE, ANA LÓPEZ PARRA, ARACELI LARRÁN, CRISTINA BASANTA, LUCÍA VILA, DANIEL CAXIGUEIRO, JUANEL, ALBERTO PENA, CHRISTIAN VILLAMIDE, JOSÉ GONZÁLEZ, e...
leer másAta finais de abril está aberta no Castelo Castrodouro, de Alfoz, a exposición “Hai Mulleres”, do artista mariñán Alfonso Otero Regal. A mostra foi inaugurada onte.
A exposición está composta por 52 pezas, nas que se mestura poesía, prosa, plástica e escultura. O proxecto conta coa colaboración de 33 autores que realizaron escritos relacionados co nome dunha muller, acompañados por unha peza de Otero Regal, cadro ou escultura, coas que o autor quere homenaxear a todas as mulleres.
Durante o mes de abril o horario de apertura do Castelo do Castrodouro será sábados e domingos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas e horario especial de apertura durante a Semana Santa permanecendo aberto martes 16 e mércores 17 de 11 a 14 horas; e xoves 18, venres 19, sábado 20 e domingo 21 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.
A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle ata o vindeiro 30 de abril unha selección da obra de Xosé López Losada "Xolo", usuario da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña".
A mostra, denominada "Adaptacións", está composta por 15 obras escollidas entre máis de 200 cadros.
Xolo (Ourol, 1967) comezou a súa relación co mundo artístico de moi novo, aos 5 anos, tal e como el recorda. No ano 1987 trasladouse a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguiu Matrícula de Honra no primeiro curso da Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando, ata o 2005 que retomou a actividade.
O Concello de Cervo, Paco Piñeiro e a A.C. Airiños do Xunco, convidan a asistir este domingo, 7 de abril, ao acto de inauguración da mostra fotográfica “Cervo na Memoria”, ás 19:00 horas, nas Escolas Vellas de Cervo.
O acto foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, o presidente da A.C. Airiños do Xunco, Rafael Blas, e polo profesor Paco Piñeiro, autor da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, e quen custodia a colección fotográfica; a quen lle temos que agradecer enormemente desde o Concello -precisou Villares- “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que comparte sempre xenerosamente con todos nós”.
Tal e como explicaron, o edificio centenario, cedido...
leer más