Exposiciones
A mostra “Galiza. Un pobo, unha selección”, organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, continúa a súa itinerancia polas comarcas en Viveiro, onde poderá verse ata o 16 de maio. O deputado Efrén Castro inaugurou esta mañá a mostra, acompañado pola alcaldesa María Loureiro e polo tenente alcalde Suso Fernández nos Xardíns Poeta Noriega Varela.
A exposición repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país nos Xogos Olímpicos, na traxectoria das seleccións galegas e na mobilización social arredor do dereito de Galiza a participar con equipos propios en competicións internacionais. Destaca así logros como a participación olímpica do viveirense Adrián Ben en Toquio 2020.
A mostra pode verse por primeira vez na comarca da Mariña, tras pasar...
leer másHasta el 2 de mayo estará abierta en la Sala Multiusos del Centro Comarcal Pazo Santo Tomé la exposición Castelao Grafista, que reúen más de 100 trabajos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, entre los que se encuentran dibujos, retratos, caricaturas y portadas de revistas. El horario de visita de lunes a viernes es de 10 a 14 horas por las mañanas y de 16 a 19 horas por las tardes.
Caricaturista, dibujante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensayista, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constituye el foco de esta exposición que reúne una amplia selección de las múltiples facetas desarrolladas por él. La intención de este proyecto de difusión internacional es divulgativo, mostrando la obra y el pensamiento de uno de los creadores...
leer másA vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación da 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña Lucense, organizada polo colectivo Tá en Artes. No acto, celebrado na Sala de exposicións do Complexo Sargadelos de Cervo, presentáronse as distintas actividades que se realizarán nos vindeiros meses arredor de Quique Guerra, artista homenaxeado nesta edición, entre as que se atopan unha mostra antolóxica da súa obra, que se poderá ver neste mesmo espazo a partir do 1 de abril e unha exposición homenaxe coa participación de máis de vinte artistas, que se poderá visitar no Cenima de Foz desde o 7 de abril ata o 6 de maio.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo facilitará a participación do alumnado da comarcas nas actividades, financiando as viaxes dos grupos escolares ata o Cenima de Foz, onde poderán...
leer másEste viernes, 4 de marzo, a las 19:00 horas en la Sala de Arte de la Casa de la Cultura de Burela, tendrá lugar la inauguración de la exposición de “Burela Bonita”, una muestra de acuarelas y acrílicos de Oniel Rodríguez.
Estará abierta desde el 4 de marzo al 4 de abril en horario, de lunes a viernes de 11 a 13 horas y de 18 a 20 horas.
Oniel Rodríguez López, nació en 1986 en Guanajay, La Habana, Cuba. Es un pintor, dibujante, miembro de la AHS, además del Colectivo Plástico del Mariel, del proyecto “Tabla de Agua” y del proyecto “Artes soy entre las Artes” de la Sociedad Cultural José Martí. Su obra forma parte de la colección de importantes instituciones como ICAIC, ICRT, SCJM y de colecciones privadas tanto en Cuba como en otros países como Canadá, Perú, Italia, Alemania, Holanda y Grecia.
O complexo cultural Regalxunqueira, de Viveiro, acollerá desde este venres, 4 de marzo, a exposición de pinturas titulada Abraiados. O acto de inauguración dará comezo ás 20:30 horas.
A mostra presenta obras de Ángel Picos Pérez, Diego Pérez Dopico “J. Peak” e Serge Sozonov.
Ángel Picos é natural de Cedeira e leva máis de nove anos como pintor artístico, especializado no estilo impresionista que mestura nos seus traballos imaxes da nosa terra, tradicións e paisaxes.
Diego Pérez Dopico “J. Peak”, nado en Viveiro, non descarta ningunha temática na súa obra e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a demanda social.
Serge Sozonov, natural de Moscú e afincado en Galicia, ten unha técnica que implica o coñecemento de todos e cada un dos elementos que se lle...
leer másEste xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.
Esta exposición estará aberta de luns a venres na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 18 de marzo.
Ata o 12 de marzo pódese visitar no Cenima, en Foz, a exposición do Entroido que neste 2022 está dedicada a Pé do Molete, unha peña focense que foi a pregoeira deste ano.
Trátase dun percorrido fotográfico polos seus anos de inxenio, acompañado do colorido dos disfraces.
O Concello de Viveiro acolleu esta mañá, coincidindo co Día da Enerxía, a presentación da exposición “Viveiro sostible, aprendendo a coidar da nosa contorna”, organizada pola Asociación Prato_DO e o Centro Asociado da UNED en Lugo.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu á presentación desta mostra, así como Alejandro Prieto Mazaira, secretario da UNED Lugo, e Lucas Requejo Fernández, fundador de Prato_DO
A exposición ubícase na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e conta con tres mostras cedidas polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. As tres mostras versan, respectivamente, sobre a biodiversidade de Galicia, o cambio climático e a importancia de coidar o noso mar.
“Dende o Concello de Viveiro estamos convencidos na necesidade de desenvolver...
leer másA Casa da Cultura de Burela acolleu a inauguración da exposición titulada Gromo de Eloy Hermida, que se poderá visitar ata o 28 de febreiro.
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que teñen como eixo central a mitoloxía e paisaxes galegas. O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas. Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral. O obxectivo de Gromo é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente, dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
A mostra permanecerá na sala de arte da Casa da Cultura de Burela durante todo o...
leer másEsta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado provincial, Efrén Castro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, presentaron a mostra que pode verse na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 20 de febreiro.
A exposición, cun formato itinerante pensado para achegar as distintas localidades o patrimonio musical da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en...
leer más