Exposiciones
Entre o 12 e o 14 de maio poderase visitar no porto de Ribadeo a Nao Victoria. Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992, e que deu a volta ao mundo entre 2004 e 2006.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “do 12 ao 14 de maio, por primeira vez en Ribadeo, poderase visitar no porto deportivo a Nao Victoria, protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI (entre os anos 1519 e 1522). Trátase dunha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”.
O 8 de setembro de 1522 dezaoito homes, baixo o mando de Juan Sebastián Elcano e a bordo da Nao Victoria, lograron o maior fito da historia da navegación. Despois de tres anos de sufrimento no mar foron os primeiros en...
leer másO salón de beleza Briz, de Foz, decidiu dedicar o seu escaparate a lugar de exposición de obras de artistas da zona. Esta iniciativa, que acaba de poñerse en marcha, inaugurouse cunha mostra de varias pezas da ceramista Chus Lage.
A propietaria do salón de beleza Briz, Kathy Navarro, decidiu levar a cabo esta idea porque “o local ten un gran escaparate cara á Avenida da Mariña, que é unha das rúas principais de Foz, e creo que é unha boa maneira de aproveitalo. Empezamos esta iniciativa con pezas da ceramista mindoniense Chus Lage, que estarán expostas durante todo este mes de maio. Despois iremos facendo o mesmo con obras doutros artistas da zona”.
Chus Lage explica que empezou no mundo da cerámica no ano 1986 en Mondoñedo “con un alfarero de la zona al que chamaban Patrulla. Con él estuve 10 años y durante ese...
leer másO Concello de Foz acaba de repoñer as fotografías do mural da rúa Julia Minguillón, enfronte da Casa da Xuventude.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que se trata “dunha colección de fotografías en cuxa selección colaborou Xesús de Breogán e que foron feitas por Touche, aos que damos as grazas. Nelas podemos ver os diferentes estaleiros, como o de David del Riego, Santiago Pérez, Nécega, José Beltrán ou de R. López, na Espiñeira, de 1918. Destacan tamén diversas fotografías de escolas unitarias, como a de Dona Rita en 1916, Don Andrés en 1917, Dona Aia en 1949, o Martínez Otero, entón Colexio Sagrado Corazón, de 1956, ou do Colexio do Pilar, de 1960, na que se pode ver ós mestres acompañados dos pícaros da escola.Tamén hai unha representación das distintas conserveiras que houbo en Foz, como a de Dal, San Juan ou Galbán; e...
leer másA exposición Don Paco, o pícaro argalleiro atópase nas instalacións do Mosteiro de San Salvador, de Vilanova de Lourenzá. Trátase da primeira ocasión na que, dentro da programación de actividades dun Día das Letras se inclúe unha exposición que reúne os xogos e xoguetes que formaron parte da vida do autor homenaxeado.
A exposición recolle, previo estudo da obra de Francisco Fernández del Riego, os xogos e xoguetes citados por el como parte da súa crianza. Foron Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo O recuncho das argalladas, radicado no Pazo de Tovar, tamén no concello de Lourenzá, as persoas que decidiron acometer este ambicioso e orixinal proxecto. As persoas promotoras son recoñecidas en Galicia e fóra das súas fronteiras como dous dos principais estudosos, na actualidade, sobre o xoguete tradicional.
... leer másNo Concello terá lugar este venres, 21 de abril, o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes das dez persoas que ocuparon a Alcaldía de Ribadeo nos diferentes períodos dos mandatos democráticos contemporáneos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979.
Estas obras foron realizadas e entregadas de xeito altruísta ao Concello por Concepción Millán Martínez.
Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas.
O acto está convocado para o venres ás 17:00 horas. Ao mesmo están convidados os alcaldes e os familiares dos rexedores xa falecidos.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 22 de abril, unha viaxe á capital da provincia para visitar a exposición “Lugo no tempo”, dentro do proxecto Cidades no tempo, organizado pola Xunta de Galicia e ABANCA, comisariada por Manuel Gago e coordinada en Lugo por Marica Campo. A exposición será complementada cunha visita ao vello cárcere e un paseo pola cidade, guiado polo historiador e catedrático Julio Reboredo Pazos, que aportará unha visión alternativa ao tradicional Lugo romano, máis centrada nos grandes cambios que a cidade experimentou durante o século XIX.
Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus...
leer másA exposición ‘Chicas nuevas 24 horas’, que poderá visitarse en Barreiros desde o día 12 ao 25 de abril no centro sociocultural de San Cosme, engloba tamén a proxección do mesmo documental de MabelLozano para o día 23 de abril ás 18:30h.
Este proxecto está impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e se enmarca no conxunto de accións promovidas pola Rede de entidades locais contra a violencia de xénero en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias no que se visibiliza a problemática da trata de persoas con fins de explotación sexual, un tema moi relevante na sociedade actual.
A proposta está integrada por diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma, daranse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España,...
leer másA Delegación de Cultura e a comisión de festas organizan unha exposición de libros antigos dos festexos de Burela, todos anteriores ao ano 2000. A idea saíu dunha conversación coa cronista oficial de Burela, Herminia Pernas. A mostra, que se poderá visitar na Casa da Cultura, será inaugurada o día do pregón das patronais, o sábado 27 de maio.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo: “queremos anunciar desde la Delegación de Cultura junto con la comisión de fiestas de Burela que una de las actividades que vamos a hacer durante los festejos va a ser una exposición de libros de las fiestas de Burela antiguos, todos los que podamos recopilar anteriores al año 2000. Esta idea surge en una conversación con la cronista oficial de Burela, Herminia Pernas. De ahí sale esta idea, que nos parece muy interesante y estoy seguro de que a mucha gente...
leer másAta o 30 de abril pode visitarse na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove a exposición “Retratando sentimentos”, de Inma Purriños en colaboración coa asociación Somos Unidos por el Cáncer.
A mostra pode verse en horario de 17 a 20 horas. O acto de inauguración contou coa intervención de Rosana Roca, nativa na urbanización de Palmeiro, que falou da positividade ante o cancro de mama.
Rematou o pintado do mural artístico e informativo do Monte Castelo, que foi visitado polo alcalde e polos autores.
Alfredo Llano indicou que “visitei xunto cos autores, xunto cos artistas Belén e Martín, que fixeron unha labor extraordinaria alí no Monte Castelo cun mural artístico e informativo, onde se sinala o que se pode ver alí naquela zona: a capela, o cruceiro, o hórreo… tamén aparecen dúas mulleres, o que indica o peso que tiñan na sociedade, non so ligado ao mar senón que tamén había hortos e había que traballar a terra, algo que normalmente facían as mulleres, por iso a súa presenza neste mural extraordinario”.
O rexedor considera que “é unha obra artística moi ben feita, que lle da unha singularidade importante á área recreativa do Monte Castelo. Todo isto forma parte das actuacións que se están a...
leer más