Exposiciones
Foz ten unha histórica relación co mar, de aí que fose unha parada relevante na itinerancia de “InventioMundi”, un proxecto expositivodo Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboraciónda Secretaría Xeral de Emigración. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,e o alcalde de Foz, FranCajoto, foron os encargados de inaugurar esta mostra que relata unha parte da historia da navegación marítima galega e que comeza co comercio coas Illas Molucas. A mostra, instalada noCentro de Interpretación da Mariña (CENIMA) de Foz, pode verse ata o vindeiro 15 de outubro.
Unha das primeiras noticias documentadas que se rexistran no porto de Foz é do ano 1634 cando o cartógrafo portugués Pedro Teixeira fala deste porto sito a tres leguas de Ribadeo no seu libroDescripción de España y de las costas y...
leer másA oficina de turismo de Ribadeo acolle ata o 14 de setembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez.
Este artista leva traballado esta técnica dende a súa infancia e foi perfeccionándoa ao longo da súa carreira ata chegar á actualidade. Nos dous últimos anos aumentou a súa obra. Nesta mostra pódense ver tanto paisaxes como edificios emblemáticos da vila ribadense e doutros lugares do mundo.
A exposición foi inaugurada na xornada de onte. Xunto a Antonio Martínez estivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.
O horario de visitas é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas de luns a domingo.
A alcaldesa en funcións, Carmela López, e os concelleiros de Igualdade e Cultura, Noelia Mª Ben e José Díaz, asistiron esta mañá á inauguración da exposición Tecendo rede, tecendo recordos, que se pode visitar na Casa da Cultura de Burela ata o 31 de agosto en horario de 8 a 14 horas.
A mostra está organizada pola Federación de Alzheimer de Galicia (FAGAL) e AFAN Burela e conta coa colaboración do Concello burelés, a través da Delegación de Servizos Sociais.
A exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións de alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.
Este venres, día 27 de agosto, inaugúrase a exposición Xela Arias. A Poesía do Retrato, con textos poéticos de Xela Arias e fotografías de Xulio Gil. Será no parque San Francisco, ás 13:30 horas, con música en directo a cargo do grupo sarriano Malditos Roedores. A mostra, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recompila unha colección de textos poéticos da autora sarriá xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil, nos anos 80 e 90. Consta de vinte retratos e permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Esta exposición estará en Ribadeo ata o 27 de setembro.
Os días 27 e 28 celebraranse o terceiro e cuarto pases de Versión Fin. Concerto Audiovisual, un proxecto de Iván Torres Hernández con música en directo. Desenvolveranse ás 21:30...
leer másO Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. O aforo é limitado e para asistir hai que reservar entrada a través do correo patrimonio.laurentino@gmail.com ou vía whatsapp ao teléfono 649.28.17.91. Tamén haberá outras medidas covid, como o uso obrigatorio de máscara e de xel.
Ademais desde esta fin de semana ata o sábado 28 exporanse reproducións de obras de Julia Minguillón...
leer másA piques está de rematar na Avenida de Galiza a pintura mural de Joseba Muruzábal, que lle foi encargada polo Concello coa intención de embelecer esa zona. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, destacou que “queremos render homenaxe a Concha, unha veciña de Ove de 90 anos, que leva toda a vida traendo os produtos da súa horta ao mercado de Ribadeo, e tamén ao comercio de proximidade”.
A edil ribadense contou que “se están a desenvolverse os traballos que o Concello lle encomendou facer nun edificio da Avenida de Galiza a Joseba Muruzábal, mozo muralista de orixe ribadense. Trátase dun proxecto que nace de conversas xa do ano pasado e que a covid ou a propia dispoñibilidade de Muruzábal retrasaron ata o de agora”.
Pilar Otero dixo que “nas últimas décadas tense reflexionado sobre como medraron as nosas vilas e ...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e outras autoridades locais, participou este venres na inauguración do novo Centro Etnográfico José Rocha de Trabada. Este novo espazo, situado no edificio das antigas escolas do municipio mariñao, conta cunha achega de 18.000 euros da institución provincial a través do Plan Único de Coperación cos Concellos.
Tomé Roca destacou o valor deste centro que continúa vinculado á “difusión do coñecemento e contribuirá de maneira importante a dinamizar a vida social e a vida económica de Trabada”. “Se queremos que a xente se quede a vivir no noso rural, nas nosas aldeas e nos nosos pobos, o que temos que facer as administracións é achegar os servizos públicos aos veciños, non...
leer másHoxe tivo lugar a presentación do centro de interpretación do empresario José Barro, que estará situado no antigo cuartel da Garda Civil de Mondoñedo. Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, é a impulsora do museo que será inaugurado o vindeiro 25 de agosto. O Concello mindoniense cede o local que o acolle e inviste na súa posta en marcha. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, quere que sexa un espazo vivo, que poida ser visitado polos centros de ensino da comarca e un lugar aberto ao que se poida seguir aportando material sobre o creador das industrias de Chavín.
No acto, que tivo lugar esta mañá no Concello de Mondoñedo, participaron o alcalde, Manuel Otero, a concelleira de Turismo, Elena Candia, o presidente e o tesoureiro de Apaga, Álvaro Doural e Francisco Javier Rodríguez, así como a responsable de accións...
leer másO Concello de Mondoñedo pon en marcha a creación dun museo sobre as traídas de augas de Mondoñedo dentro do espazo da Fonte Vella, amosando sistemas de canalización dende o século XVIII ao XXI. O centro de interpretación ofrecerá tanto obxectos coma descricións e informacións relacionadas coas traídas de auga a Mondoñedo.
O novo centro de interpretación de Mondoñedo situarase no espazo interior de bóveda de canón onde se localizan as captacións de auga da Fonte Vella, sen que afecte ás captacións internas que na actualidade están canalizadas.
Entre os elementos que se poderán ver neste museo atópase un cano de pedra de finais do século XVIII que formaba parte da traída de abastecemento de auga do pazo episcopal e continuaba ata a praza do Seminario. Tamén un exemplo de tubo de cerámica usado nos séculos XVIII e...
leer másFoi inaugurada a exposición da Aula do Mar de A Mariña na sala de Arte da Casa da Cultura do Concello de Burela.
A Aula do Mar, a primeira inclusiva de toda Galicia, é un proxecto de Integración Social para persoas con enfermidade mental crónica que está subvencionada a través do GALP A Mariña-Ortegal, da Consellería do Mar, dentro do marco do Fondo Marítimo de Pesca (FEMP).
Para esta actividade, que redunda tan positivamente na autoestima das usuarias e usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, cóntase coa colaboración do Concello de Burela a través da Delegación de Cultura, Educación e Xuventude, “a quen queremos agradecerlle a súa empatía e compromiso coa nosa entidade. Non había máis que ver as caras de ledicia e felicidade dos usuarios e usuarias por amosar os traballos que durante este...
leer más