Exposiciones
A sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María, de Foz acolle ata o vindeiro 18 de xullo a mostra titulada Florencio Delgado Gurriarán:Compromiso na distancia, en homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.
Organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, quere honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade.
O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pertence á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, que foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, converténdose nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.
... leer másA emigración é a protagonista do mural que se pode ver xa na praciña da Fonte Nova, en Ribadeo. Estampas do retorno é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal.
Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Turismo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Pablo Vizoso, ademais do xerente de Acisa, Jesús Pérez.
O mural é unha das actividades das vésperas do Ribadeo Indiano, que arrincará mañá, venres, e se prolongará ata o vindeiro domingo, 10 de xullo.
Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres...
leer másMañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”.
A sala de mostras da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de xullo a exposición fotografía de María Simón, que foi inaugurada na tarde do luns polas edís de Cultura, e de Servizos Sociais, Dolores García Caramés, e Pilar Armada, respectivamente.
A mostra componse de 13 imaxes que recollen diferentes temáticas sociais; desde o oficio das redeiras ata diferentes instantáneas que a súa autora inmortalizou en tempos de pandemia.
No Valadouro foi inaugurada a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.
A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz, Ribadeo e Barreiros.
Asistiron á presentación o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro, o...
leer másO complexo cultural Regalxunqueira de Viveiro acolle do 10 de xuño ao 28 de xullo a exposición de pintura Las montañas mágicas de Adolfo Falces.
Trátase dunha mostra na que o artista madrileño expón a paisaxe monástica de San Millán de la Cogolla, na Rioja, dirixindo a súa mirada aos picos máis elevados da serra da Demanda, San Lorenzo e Cabeza Parda. Este sistema montañoso vertebra a fronteira entre Soria, Burgos e La Rioja, ademais de configurar os fértiles vales a partir dos caudalosos ríos que nacen no lugar. O mosteiro, declarado Patrimonio Mundial en 1997, configura unha paisaxe cultural de crucial importancia para explicar o nacemento e desenrolo da lingua española e o temprano establecemento do monacato na Península Ibérica durante a alta Idade Media.
O proxecto artístico de Adolfo Falces pretende retratar...
leer másLa galería ribadense Terra Branca acoge una colección de acuarelas del pintor Oniel Rodríguez. El artista se inspira en A Mariña y Galicia para plasmar su depurada técnica pictórica.
José Ramón Leal, el propietario de Terra Branca, explica que “en esta exposición podemos encontrar un homenaje directo al mar y al entorno que envuelve ahora a su creador, ya que desde hace poco tiempo reside en Burela”.
Oniel Rodríguez, nacido en Cuba, ha vivido también en Grecia y ahora está en España. Lo avalan una serie de premios y menciones internacionales.
José Ramón Leal subraya que “ahora Oniel Rodríguez está en Terra Branca y eso nos llena de alegría. Queremos recordarles a nuestros visitantes que es una exposición totalmente recomendable y con entrada libre”. La obra de Oniel Rodríguez se une a...
leer másA Bretaña que hai en Nós (As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao) é o título da mostra que se pode visitar na Sala de Turismo de Ribadeo ata o vindeiro 30 de maio.
A asociación de irmandade Ribadeo - Loctudy convída a coñecer esta exposición de marcado carácter divulgativo, centrada nunha das producións sobre arte máis emblemáticas de Castelao.
En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira viaxan a Bretaña e durante catro meses percorren a vella Armórica. Alí, Castelao establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Desta viaxe nace a obra de Castelao publicada en 1930 polo Seminario de Estudos Galegos, estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña e como documentación...
leer másA pintora madrileña Costafreda Ángeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela as súas obras realizadas ca técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada "Pinceladas de Primavera".
A exposición será inaugurada o vindeiro venres, 6 de maio, ás 19:30 horas e poderá ser visitada ata o 3 de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.