Espalda

Etiquetas:
28/03/2024

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza un obradoiro titulado “Por unha espalda sana”. Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos de idade. Será o sábado 6 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural Agramonte (Casa do Director).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na OMIX de Xove ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.

 

Etiquetas:
20/02/2019

A Concellaría de Servizos Sociosanitarios organiza unha actividade para o coidado da espalda, dirixida a toda a poboación ribadense.

Realizarase durante os meses de marzo, abril e maio. Terá lugar na Casa da Xuventude e desenvolverase os martes e xoves, de 17:30 a 18:30 horas.Esta actividade dará comezo o 7 de marzo. 

É gratuíta e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse na OMIX-Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero-15, ou chamando ao número de teléfono 982 129 889. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro luns, 25 de febreiro.