A Casa da Cultura de Burela acolleu a inauguración da exposición titulada Gromo de Eloy Hermida, que se poderá visitar ata o 28 de febreiro.
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que teñen como eixo central a mitoloxía e paisaxes galegas. O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas. Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral. O obxectivo de Gromo é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente, dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
A mostra permanecerá na sala de arte da Casa da Cultura de Burela durante todo o mes e o horario de visita será, de luns a venres, de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.