Ata o 12 de marzo pódese visitar no Cenima, en Foz, a exposición do Entroido que neste 2022 está dedicada a Pé do Molete, unha peña focense que foi a pregoeira deste ano.
Trátase dun percorrido fotográfico polos seus anos de inxenio, acompañado do colorido dos disfraces.