Exposiciones
Foi inaugurada no Forte de San Damián a exposición La madre que nos parió/A nai que nos pariu, que pode visitarse ata o 29 de agosto. Trátase dunha mostra de 60 fotos de Nacho Samper e Nacho Carballo sobre a situación das mulleres en Senegal e sobre a labor que está a realizar alí a ONG Ser Madre Ser mujer. O colectivo loita por reducir a mortalidade materna e neonatal frecuente nese país.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “esta exposición é unha iniciativa da ONG Ser Madre Ser Mujer, que recolle o traballo das súas fundadoras: Nerea Roldán, Ana Ramos e Raquel Pérez, que desde hai máis de seis anos, xunto Co equipo da ONG, conseguen que mulleres e nenas do Senegal reduzan riscos obstétricos e xinecológicos, facendo fronte así á precariedade sanitaria do país africano. A exposición, a través das fotografías de...
leer másChega a Viveiro, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”. A mostra poderá verse nos Xardíns Poeta Noriega Varela ata o 26 de agosto.
Xela Arias. A poesía do retrato
A exposición para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90.
A mostra consta de 20 retratos en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético. A colección de imaxes permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, a través de fotografías que a retratan posando con determinación e sen artificios...
leer másA Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego...
leer másAta o 16 de agosto pode visitarse no parque de San Francisco a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que forma parte do traballo do obradoiro Vencellos da Memoria. A mostra foi inaugurada hoxe.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que podemos ver estes días no parque de San Francisco, forma parte do traballo realizado polos alumnos e polas alumnas da especialidade de gravación de datos do obradoiro de emprego para persoas mozas Vencellos da Memoria. É unha pequena, pero ao mesmo tempo gran mostra do enorme traballo que realizaron durante estes últimos meses, organizando a documentación de arquivos municipais de Ribadeo e de Barreiros, cun obxectivo claro e principal, que é preservar e difundir o patrimonio...
leer másA mostra de autómatas Kinetiko visitará trinta concellos nos meses de agosto e setembro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A exposición inclúe oito pezas únicas, deseñadas e construídas polo titiriteiro Ero Vázquez, de Trécola, e do xogueteiro Manu Taboada, da Chintofanería, que se uniron no proxecto Xira Paus. A partir do movemento dunha manivela ou dun pedal, nas distintas estruturas cobran vida personaxes que reproducen sons e melodías – un pandeireteiro, unha guitarrista – e que recrean pequenas historias -un avó coidando unha horta, unha nena que retira lixo do mar, un equilibrista-.
A mostra está pensada para que o público poida manexar os mecanismos das distintas pezas e ver como funcionan. Así, os seus creadores estarán nas distintas localidades para facer demostracións e guiar ás persoas...
leer másAs salas de exposicións do Concello de Cervo acollen dúas mostras de pintura no mes de agosto.
Unha das exposicións é conxunta de tres artistas: Ángel Picos, de Cedeira; Diego Pérez, de Viveiro; e Sergey Sozonov, de Yakutia (Rusia). Estará nas Carboeiras de Sargadelos ata o 30 de agosto.
A outra mostra está na Casa da Cultura de San Ciprián ata o 15 de agosto. Titúlase Azul e recolle obras da artista Blanca Dacal.
Entre o 28 de xullo e o 13 de agosto a Casa da Cultura do Valadouro acollerá a exposición itinerante do Proxecto Life in Common Land, unha iniciativa de carácter demostrativo e colaborativo centrado na conservación dos hábitats de turbeira e matorrais húmidos atlánticos da Serra do Xistral.
A exposición consta de 13 paneis que permiten ao visitante coñecer a biodiversidade da ZEC Serra do Xistral, e entender a importancia das turbeiras e brezais húmidos e do mantemento das actividades tradicionais para a súa conservación.
Ademáis, pretende dar visibilidade á figura dos Montes Veciñais en Man Común e aos servizos ecosistémicos que a Serra do Xistral aporta á sociedade. Todo isto, acompañado do resumen das accións que se están desenvolvendo no proxecto Life in Common Land.
A exposición...
leer másNos xardíns do Complexo Regalxunqueira de Viveiro, inaugúrase este venres, día 23 de xullo, ás 20:00 horas, a exposición de pinturas de Lorenzo González titulada Vivir del mar.
O doutor en Bellas Artes e crítico de arte Ricardo López Serrano dicía que “la pintura de Lorenzo González era libre, suelta, vibrante y rápida, pero no una pintura gestual sino muy medida con la laboriosa facilidad de las muchas horas que el artista ha pasado pintando. Cuando cualquier cuadro del pintor parece fresco y natural hay que caer en la cuenta del esfuerzo que ha supuesto para que los cuadros salgan tan bien sin que se note la trabajosa gestación. Por eso los personajes de Lorenzo González eran recatadamente serenos y sus bodegones tranquilos y armónicos. Pero llegó la pandemia, el artista se recluyó con la sola compañía de la pintura y ha seguido...
leer másNas últimas horas foi inaugurada no Forte de San Damián a exposición titulada Cunchas, Fósiles e Insectos de David López. A mostra poderá visitarse ata o 25 de xullo en horario de 11:30 a 13:30 e 18:30 a 20:30 horas, agás a fin de semana que só estará aberta pola tarde. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima á veciñanza e aos turistas a ver e a disfrutar desta mostra.
Otero Cabarcos dixo: “inauguramos a exposición de Cunchas, fósiles e insectos de David López que durará ata o 25 deste mes. Só é esta semana, por cuestións loxísticas, pero seguro que vai aproveitar aos visitantes. O horario de mañá é de once e media a unha e media e pola tarde de seis e media a oito e media, agás a fin de semana que só é pola tarde. Desde a Concellaría de Cultura estamos seguros de que vai ser moi interesante e vai espertar a curiosidade non só nos...
leer másO Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria, que se está a desenvolver nos concellos de Ribadeo e Barreiros -unha operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE)- inaugurou este venres a exposición Viaxe no Tempo na praza do Concello de Barreiros. Colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo.
Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria que está composta por: Joaquín Dorado, Lucía Expósito, Cristina García, Sara García, Cristian Prado, Araceli Rasilla, Noemí Rubio e Mónica Santos.
A inauguración contou coa presenza da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (Vicepresidencia da Deputación de...
leer más