A sala de exposicións do CENIMA de Foz acolleata o 30 de agosto, a mostra titulada Catro por Catro con obras de Ángel Picos, Diego Pérez Dopico “J. Peak”, Serge Sozonov e Otero Regal.
A exposición, organizada polo Complexo Regalxunqueira, mostra pinturas do coruñés Ángel Picos, especializado no estilo impresionista e que nos seus traballos mestura imaxes relacionadas coas tradicións e paisaxes galegos.
Nesta exposición tamén o viveirense Diego Pérez Dopico “J. Peak” presenta retratos, paisaxes ou temas de denuncia social nuns cadros que son máis complexos do que a primeira vista pode parecer.
Ademais o moscovita afincado en Galicia Serge Sojonov mostra unha obra artística co dominio da técnica que implica ter coñecemento da forma, a proporción, a liña, a perspectiva, o espazo, a textura, a luz e, no caso deste artista, a cor.
Finalmente nesta exposición, Otero Regal presenta obras cerámicas, disciplina que leva exercendo nos derradeiros trinta anos, caracterizadas polo seu eido diferencial que van dende o expresionismo ata a arte conceptual.