A mostra 40 anos de carteis da Queimada Popular de Cervo poderase visitar ata o 31 de agosto nas Escolas Vellas cervenses.

Comezou a conta atrás para que regrese unha das Festas máis importantes de Cervo: A QUEIMADA POPULAR da que a veciñanza e os visitantes volverán gozar grazas ao traballo altruísta da asociación Airiños do Xunco.
 
Trátase dunha festa con máis de 40 anos de historia...que sempre vai da man dunha iconografía única que non deixa indiferente a ninguén! E é que cada cartel da Queimada é unha obra de arte...E o responsable non e outro que Xosé Vizoso.
 
Durante este mes de agosto será posible facer unha viaxe pola historia da Queimada a través dos carteis que a representaron, obra do talento deste artista con maiúsculas.

A mostra 40 anos de carteis da Queimada de Cervo estará aberta durante do 5 ao 31 de agosto nas Escolas Vellas de Cervo en horario de 10 a 13 horas.