Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 22 de abril, unha viaxe á capital da provincia para visitar a exposición “Lugo no tempo”, dentro do proxecto Cidades no tempo, organizado pola Xunta de Galicia e ABANCA, comisariada por Manuel Gago e coordinada en Lugo por Marica Campo. A exposición será complementada cunha visita ao vello cárcere e un paseo pola cidade, guiado polo historiador e catedrático Julio Reboredo Pazos, que aportará unha visión alternativa ao tradicional Lugo romano, máis centrada nos grandes cambios que a cidade experimentou durante o século XIX.
Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar. A data límite para apuntarse remata o martes 18 de abril
Prégase realizar a comunicación de participación o antes posible para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen.