Exposiciones

Etiquetas:
12/11/2023

Da man do CEIDA e da Uned Aula Universitaria de Foz, no Cenima está aberta ao público a exposición Coidando o noso mar. Pode visitarse ata o 30 de novembro de 9 a 14 horas.
 
A mostra trata sobre “a fraxilidade característica dos ecosistemas costeiros, acentuada pola presión das actividades humanas, está a provocar a súa destrución. A franxa costeira está en perigo pola falta de planificación e mala xestión nas actuacións realizadas sobre ela durante as últimas décadas. O desenvolvemento turístico mal planificado, a erosión costeira, a presión urbanística, a contaminación mariña, a sobrepesca, a destrución do hábitat, etcétera son algúns dos males que afectan á costa tanto en Galicia como a nivel mundial. Da mesma maneira hoxe seguimos pensando que o mar é unha fonte inesgotable de recursos e que o mar é inmune ás nosas actividades e agresións. Os...

leer más
Etiquetas:
08/11/2023

A Casa da Cultura burelense acolle unha exposición de castelos tenebrosos realizados polo alumnado e as familias do CEIP Vista Alegre de Burela.

Esta mostra está na sala de exposicións da planta baixa ata o 15 de novembro e pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

 

Etiquetas:
23/10/2023

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha exposición sobre deportados da Mariña luguesa e do Occidente asturiano a campos de exterminio nazis. Será na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo. Comezará este xoves 26 de outubro e prolongarase até o domingo 12 de novembro.
 
Haberá dúas charlas acompañando a exposición. Serán os xoves 26 de outubro e 9 de novembro, impartiranse no Centro Social ribadense e serán ás 20:30 horas. Na primeira falarán Antonio Muñoz Sánchez, José Miguel Suárez Fernández e Miguel Freire. Este último ofrecerá a segunda conferencia.

 

14/10/2023

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 31 de outubro unha mostra pictórica de Xosé López Losada "Xolo", composta por 21 obras seleccionadas polo artista entre máis de 600 creacións que ten na súa colección persoal.

Na inaguración da mostra que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña, e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña, da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa.

O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título "Arte con futuro".

 

Etiquetas:
11/09/2023

Desde o Concello do Vicedo explican que “xa podedes desfrutar da exposición das fotografías participantes no noso concurso anual. Estarán na sala de exposicións da Casa da Cultura e poderanse ver de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 antes do 15 de setembro e de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 a partir do 16 de setembro”.

29/08/2023

Mondoñedo (Lugo), terra natal do pai de Juana de Vega, é a próxima parada da exposición conmemorativa "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século" promovida pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu pasamento.

A inauguración será este venres, 1 de setembro, ás 12.30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Está prevista a asistencia do alcalde, Manuel Otero Legide; de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; e de Xosé Ramón Veiga, autor da última biografía sobre a mecenas e filántropa, que leva o mesmo título ca esta exposición. Este último será o encargado de presentar o vínculo de Juana de Vega con Mondoñedo a través da figura
do seu pai, que tivo unha grande influencia na educación, formación e traxectoria vital e política da súa filla, tal e como queda reflectido nos 20...

leer más
Etiquetas:
16/08/2023

A asociación cultural Saíñas, de Xove, celebra o seu 40 aniversario coa celebración da XXXVII edición do festival folclórico San Bartolo e cunha exposición.

O festival será este sábado, 19 de agosto, ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Xove e actuarán o grupo La Rotonda, de Viana de Cega (Valladolid) e a agrupación de Saíñas. A entrada é libre e gratuíta. Está organizado pola asociación cultural Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Asociación de Festexos Montevelle.

A exposición sobre os 40 anos de Saíñas estará aberta ao público no salón de actos do Centro Cívico de Xove desde este mércores, 16 de agosto, ata o 3 de setembro.

 

Etiquetas:
09/08/2023

O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.

O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.

Etiquetas:
07/08/2023

A partir do 8 de agosto e ata o 8 de setembro poderá visitarse na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a exposición de pintura de Alfredo Erias Martínez “Muller e poder en Roma”.

A mostra conta con 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi tamén director do Museo das Mariñas de Betanzos durante case 40 anos.

A exposición enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Cervo.

Etiquetas:
02/08/2023

Entre os días 3 e o 27 de agosto poderase visitar a exposición “A península máxica” na Casa da Cultura de San Ciprián. A mostra comprende unha vintena de pezas da obra de Gloria Arranz Pardo. O horario de apertura  de luns a venres será de 9 a 15 horas.

Desde o Concello de Cervo comentan que “a obra en si é unha homenaxe a San Ciprián xa que moitas das obras están protagonizadas por lugares emblemáticos da vila”.