A exposición ‘Chicas nuevas 24 horas’, que poderá visitarse en Barreiros desde o día 12 ao 25 de abril no centro sociocultural de San Cosme, engloba tamén a proxección do mesmo documental de MabelLozano para o día 23 de abril ás 18:30h.
Este proxecto está impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e se enmarca no conxunto de accións promovidas pola Rede de entidades locais contra a violencia de xénero en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias no que se visibiliza a problemática da trata de persoas con fins de explotación sexual, un tema moi relevante na sociedade actual.
A proposta está integrada por diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma, daranse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, afectadas por esta lacra.
A exposición é recoñecida a nivel internacional e xa foi exhibida en distintos países como Francia, México, España, Arxentina, entre outros. A maiores, foi galardoada con diversos premios e nomeada como mellor longametraxe documental nos Premios Goya 2016.
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros convidan á veciñanza a visitar esta mostra xa que se trata dunha oportunidade única para coñecer de preto unha realidade que afecta a milleiros de mulleres en todo o mundo.