Exposiciones
A Casa da Cultura de Burela acollerá deste este mércores, 27 de marzo, ata o 26 de abril unha exposición titulada “Coidados na diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España”
Poderá visitarse de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. E a inauguración será este mércores, 27 de marzo, ás 18:00 horas.
Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, destaca a importancia desta exposición, na que se retrata “o papel da muller caboverdiana na nosa comunidade.“Convidamos a toda a veciñanza a que veñan ver esta etnografía fotográfica”.
Por outra banda, Mario Pillado, concelleiro de Inmigración e Cooperación, sinala que para o Concello “é moi importante ter acceso a este contido e mostralo, posto que nos achega máis a todas como comunidade. É impensable coñecer e...
leer másO Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.
A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.
Dende hoxe, 6 de marzo, ata o 15 deste mes pódese visitar nas instalacións da EMMeD a exposición Trombonistas inspiradoras.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “este é o resultado dun traballo de investigación e recompilación de Hanna Nauke, alumna de trombón da EMMeD, que ao comprobar as poucas mulleres que tocaban instrumentos de vento metal fixo esta labor”.
O responsable da EMMeD, Hugo García, sinala que “trátase de doce paneis coa biografía de diferentes instrumentistas desta especialidade onde explica a súa traxectoria e mediante códigos QR poderanse ver vídeos destas importantes trombonistas. Así mesmo, no texto de presentación desta exposición, a autora comenta varios casos concretos de orquestras profesionais onde unha vez máis queda reflectida a presenza minoritaria de...
leer másO complexo cultural RegalXunqueira, no municipio de Viveiro, acolle desde este venres, 1 de marzo, ata o 31 deste mes unha exposición de pinturas do artista Xolo titulada “Arte con Futuro”.
Xosé López Losada, de pseudónimo Xolo, naceu en Ourol o 8 de abril de 1967 e explica: “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez. En 8º de EXB gaño un premio de postais de Nadal no Concello de Ourol e outro de carteis do Día das Letras Galegas.
En 2º de BUP pinto os bastidores dunha obra de teatro. En COU pinto o mural das salas de audicións do Centro de ensinanzas integradas.No ano 1987 trasládome a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguín matrícula de honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...
leer másEl edificio del CENIMA, en Foz, acogerá una exposición de fotografías sobre surf de José Ángel Niño desde el día 2 hasta el 31 de marzo.
La muestra será inaugurada este sábado, día 2, a las 12:00 horas y podrá visitarse de lunes a jueves de 09:30 horas a 14:00 horas; los viernes de 09:30 a 14:00 y de 17:30 a 20:00 horas; los sábados de 11:00 a 13:30 y de 17:30 a 20:00 horas; y los domingos de 11:00 a 13:30 horas.
A sala de exposicións da Casa de Cultura de Burela acollerá unha mostra dos traballos realizados polas alumnas do curso de bordado do 1 ao 15 de marzo.
O acto inaugural terá lugar ás 18:00 horas deste venres, 1 de marzo, e servirá tamén como homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, anuncia a Delegación de Igualdade do Concello de Burela.
A mostra estará dispoñible para ser visitada ata o día 15 de marzo de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición titulados "Sobre as nosas cabezas". Esta mostra recolle imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...
O Concello de Ourol explica que “a artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico. Todos lembramos ás nosas avoas ou ás nosas nais porteando produtos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado;...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá unha mostra de pinturas do artista Jesús San José Arranz do 23 de febreiro ao 22 de marzo. Titúlase “El traje de luces” e inclúe obras pintadas ao óleo con pasamanería.
A inauguración desta exposición será o venres 23 de febreiro ás 18:00 horas e poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
A Escola de Arroxo-Biblioteca Maravilhas, no municipio de Lourenzá, exporá unha mostra de xilografías de Luís Seoane do 24 ao 31 de xaneiro para conmemorar o nacemento de Maruja Seoane.
A inauguración da exposición está programada para este mércores, día 24, ás 19:00 horas.
Para máis información as persoas interesada poden contactar coa organización desta actividade por WhatsApp co teléfono 638.41.85.45.
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición sobre deportados da Mariña aos campos de exterminio nazis que poderá visitarse no Centro Multitusos do Concello de Viveiro ata o día 21 de xaneiro.
A mostra será inaugurada este venres 12 ás oito da tarde cun coloquio sobre as deportacións no que participarán Antonio Muñoz, investigador da Universidade de Lisboa; Miguel Freire, profesor e directivo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica; e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro.
O xoves 18, no mesmo lugar e tamén ás 20:00 horas, terá lugar unha charla sobre “A evacuación do Santa Teresa, de Viveiro a Francia (1946)”, a cargo do profesor e historiador Ramón García Piñeiro.