Eventos

06/06/2024

A Asociación Cultural e de Festexos Terras de Vilamartín organiza as festas de Vilamartín Pequeno, parroquia do concello de Barreiros, na honra a San Xoán Degolado. Celebraranse os días 14 e 15 de xuño, venres e sábado.

As actividades empezarán o venres 14 a partir das 23:15 horas con verbena amenizada polas orquestras Cinema e Gran Parada.

E o sábado 15 ás 13:15 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lume. Ás 15:00 horas empezará a terceira edición da Festa do Requesón e un xantar popular no campo da festa. E a partir das 21:00 horas haberá churrascada gratuíta seguida de verbena co grupo Lume e o trío Nostalgias.

A organización dos festexos destaca que dispoñen de amplos aparcamentos gratuítos, servizo de bocatería, atraccións para...

leer más
05/06/2024

Na parroquia de San Miguel de Reinante (Barreiros) celébrase tradicionalmente a Romaría de Santo Estevo da Pagá, na área recreativa do mesmo nome, situada no barrio da Barranca, onde familias e grupos de amigos xúntanse en comidas campestres. Nesta edición será os días 8 e 9 de xuño, sábado e domingo.

As actividades empezarán o sábado 8 ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, con chourizos e empanada gratis, e amenizada polo dúo Belinda. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. E ás 22:00 horas comezará a verbena coa música do dúo Belinda e o grupo Lume.

E o domingo 9 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú, con chourizos e empanada gratis, e a actuación do dúo Phantom.

 

... leer más
Etiquetas:
04/06/2024

Estas actividades enmárcanse dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que arrincaba a finais de 2023 e está contando con moi boa acollida. 

O 16 de xuño terá lugar a xeoruta do Ollo do Sapo, no Vicedo, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:30 horas, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Son 20 as prazas dispoñibles para gozar deste paseo duns 7 quilómetros e medio a través dunha paisaxe de enorme beleza. 

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a costa vicedense, esculpida sobre as rocas denominadas Ollo de Sapo, que foron orixinadas pola transformación metamórfica de magma e as cinzas dunha enorme cadea de volcáns explosivos, que chegaban ao Vicedo desde o centro da península.

Para o 29 de xuño está prevista a xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a 13...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira o 13 de xuño, xoves. Este ano é unha edición especial xa que, despois da declaración por parte do Consello de Turismo de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023, foi elixido polo Concello de Xove como festivo local para este 2024.

Os organizadores anuncian que “ata o 11 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove para obteren a Ventura e a flor do San Antonio ó concluír o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono 982.59.20.01 ou escribir un correo electrónico a lucia@xove.es. Como cada ano, os/as romeiros/as irán identificados/as cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

Todo está listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado do 6 ao 8 de xuño. Haberá música, charlas e un paseo teatral e musical entre o Pazo de Ibáñez e o Forte de San Damián. A cita estará dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “xa temos todo listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado, dedicado a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima. O programa de actividades dará comezo o 6 de xuño, este xoves, cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na igrexa parroquial a partires das nove menos cuarto da noite”. 

Saiz seguiu a relatar que “xa o venres pola tarde ás seis e dez na Casa do Concello terá lugar a presentación do libro As máscaras de Ibáñez, o Marqués de Sargadelos que nunca...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.

Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.

Etiquetas:
04/06/2024

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso. 

O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. 

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño. 

A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.

 

Etiquetas:
04/06/2024

A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.

Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.

03/06/2024

O club de fútbol Celeiro Club del Mar organiza a súa primeira laconada popular este sábado, 8 de xuño, en Pulpería Mario, en San Roque (Viveiro).

Haberá cea -con lacón, chourizo, cachelos, pan e viño, auga ou cervexa, por 10 euros- e festa amenizada pola disco móbil Conxuro. Ademais sortearán ceas para dúas persoas e bonos completos para o Resurrection Fest 2024.

Etiquetas:
03/06/2024

Acebro, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño.

As actividades empezarán o venres 7 ás 22:00 horas cunha churrascada popular, na que para participar hai que retirar os tickets no hotel San Briz ata este martes, 4 de xuño. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Epo-k.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú amenizada polo dúo La Hora Bruja e o cantante Antonio Barros, que tamén actuarán na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.