Na parroquia de San Miguel de Reinante (Barreiros) celébrase tradicionalmente a Romaría de Santo Estevo da Pagá, na área recreativa do mesmo nome, situada no barrio da Barranca, onde familias e grupos de amigos xúntanse en comidas campestres. Nesta edición será os días 8 e 9 de xuño, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado 8 ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, con chourizos e empanada gratis, e amenizada polo dúo Belinda. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. E ás 22:00 horas comezará a verbena coa música do dúo Belinda e o grupo Lume.
E o domingo 9 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú, con chourizos e empanada gratis, e a actuación do dúo Phantom.