A EMMeD de Ribadeo organiza unha comida de confraternidade o 22 de xuño para celebrar o seu trinta aniversario

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso. 

O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. 

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño. 

A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.