Fala

Etiquetas:
12/07/2024

Este sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) poderá desfrutarse do festival Coa Nosa Fala. A delegación de Cultura do Concello de Foz organiza este festival que “leva anos propagando a cultura galega e en galego. Os grupos convidados deste ano son: Mallou, dúo que xorde polo amor dos seus integrantes ás músicas de raíz e Habelas Hainas, catro mulleres con ampla traxectoria na música tradicional”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Os concertos serán no palco habilitado polo Concello e que vai a estar na praza Rosalía de Castro todo o verán para acoller diversos actos. Este palco foi adquirido coa axuda da Deputación de Lugo, “para que Foz siga traballando na cultura, sobre todo local”.

A concelleira de Cultura espera que “veciñ@s e visitantes desfruten...

leer más
Etiquetas:
11/07/2023

Este mércores, día 12, a partir das 22.00 horas no Campo da Cabana poderemos desfrutar da mellor música galega no festival Coa nosa fala, organizado polo Concello de Foz e no que actuarán o grupo Abril e Catuxa Salom.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a nosa fala é a lingua, pero tamén a música. Este festival, creado por Arcadio Mon, busca a exaltación da música galega e en galego. Nesta edición ademais a nosa fala é feminina, e en todos os sentidos, xa que as artistas que nos deleitarán son mulleres que representan a xuventude e a forza”.

“Comezamos a programación das festas co Carme con este festival que quere ser un escaparate para grupos locais e emerxentes e tamén unha reivindicación de que temos moi cerca profesionais de gran talento”, comenta Inés López Couto.

... leer más
Etiquetas:
10/07/2017

O Deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a V edición do Festival Cultural “Coa nosa fala”,que se celebrao mércores 12 de xullo no Campo da Cabana de Foz.Este festival naceu para contribuír a promocionar á musica feita en Galicia por músicos galegos. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 3.000 euros para a celebración desta actividade no Concello de Foz, sendo a única administración impulsora, xunto co Concello, desta iniciativa.

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta iniciativa, que nesta edición ten como obxectivo homenaxear o traballo incansable do músico mariñán, Arcadio Mon, falecido o ano pasado. Mon ademais dun gran compositor, foi o fundador da Escola Municipal e...

leer más
Etiquetas:
24/05/2016
A exposición itinerante sobre o centenario das Irmandades da Fala estará en Viveiro este domingo, 29 de maio. Pensamento e Sementeira participa nesta Volta pola Irmandade.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira participa xunto a outras asociacións e institucións na Volta pola Irmandade. A exposición itinerante sobre o centenario da creación das Irmandades da Fala estará en Viveiro o domingo 29 de maio.
 
A iniciativa de ORA Galega desexa conmemorar ese centenario con esta exposición en homenaxe ao conxunto de homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa autoestima para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía estética, cultural e política de Galicia.
 
No ano 1916 na Coruña creouse unha asociación cuxo...
leer más