Deportes
El Club de Hockey Isla Pancha realizará este domingo, 30 de junio, en horario de 12:00 a 14:00 horas una jornada de puertas abiertas para todos los niños y niñas que quieran iniciarse en este deporte.
Desde la entidad señalan que “aunque puedes traer tus protecciones el club os proporcionará el material necesario exceptuando los patines”.
O día 7 de xullo, domingo, terá lugar a quinta edición da Andaina contra o cancro en Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello. É unha iniciativa da asociación Os Sendeiros con colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.
A organización destaca que a ruta é fácil e accesible. Desde a Praza do Concello os participantes irán cara á costa para percorrer o paseo das praias e rematará no porto.
Para participar hai que inscribirse, a través dos teléfonos 628.43.70.14 ou 670.36.90.17, e o prazo remata o 5 de xullo.
O Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, que se celebrará coa colaboración da SD Viveiro do 1 ao 5 de xullo.
“Despois do éxito do ano 2023, con máis de 100 participantes, repite un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións, xa que está en activo desde 2016”, destaca o Concello de Viveiro.
Á presentación asistiron Jesús Fernández Fernández, segundo tenente de alcaldesa de Viveiro; Francisco Rojo Vizoso, presidente da SD Viveiro; e Sergio Maurente, coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.
A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 5 de xullo. Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de...
leer másA pista de skate de Ribadeo será escenario mañá, sábado, do Go Skateboarding Day 2024. Haberá actividades didácticas e deportivas entre as 9:30 e as 23:30 horas. A xornada está organizada por Aloha Natura, que conta coa colaboración do Concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “aínda que o día internacional do skate se celebra hoxe mesmo, os organizadores decidiron pospoñer a data en Ribadeo ata mañá para favorecer que se acheguen rapazas e rapaces de toda A Mariña e do Occidente asturiano, que xa remataron o curso escolar”.
O edil ribadense explicou que “haberá clases de skate dirixidas a xoves que queiran realizar esta práctica deportiva por primeira vez e tamén para persoas que desexen mellorar as súas habilidades e a técnica do skateboarding. O número máximo de participantes...
leer másO campus de baloncesto feminino Ribadeo Basket PRO 2024 desenvolverase do 14 ao 20 de xullo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “está destinado a rapaza nadas no ano 2010 ou nos anteriores. O director técnico é Lucas Fernández, ex seleccionador nacional U14. E os adestradores e adestradores están vinculados a clubs como o Durán Maquinaria Ensino ou o Gernika, por poñer uns exemplos. Como convidados pasarán por Ribadeo Lino López, ex seleccionador nacional U18, ou Raquel Romo, adestradora axudante do Perfumerías Avenida. Pero desde a organización aseguran que haberá mais sorpresas durante a celebración deste campus Ribadeo Basket PRO 2024”.
O edil ribadense engadiu que “as asistentes participarán en adestramentos específicos, gozarán de traballo individualizado e de preparación física e recibirán formación sobre nutrición...
En Alfoz disputarase o primeiro Torneo de Pádel esta semana, do xoves 20 ao domingo 23 de xuño. Será na pista de pádel e haberá dúas categorías: local e open.
O prezo das inscricións é de 20 euros por persoa e son limitadas. O prazo para anotarse remata este mércores, 19 de xuño.
Está organizado pola comparsa os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, que destaca que haberá vestiarios con duchas para os participantes e servizo de barra con pinchos de balde para todos os asistentes.
O concello de Cervo acollerá esta fin de semana, sábado 22 e domingo 23 de xuño, o campionato de España de biathle-triathle. Un evento organizado polo club de pentatlón moderno Penta Lugo en colaboración coa Federación Española de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez; e polo presidente de Penta Lugo, Carlos López.
O evento combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr). A cita é no Porto de San Ciprián o sábado desde as 15:30 horas, as probas individuais; e o domingo desde as 10:00 horas, os relevos mixtos. Contará coa participación de preto de cen deportistas de entre 9 e 60 anos.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a...
leer másO Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolleu este luns a presentación da XI edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros. O torneo celebrarase do 21 ao 25 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que busca lembrar a Rodrigo Maseda Lozano, así como estender pola comarca a práctica deportiva á vez que impulsa a economía grazas á chegada de acompañantes das xogadoras e xogadores.
O Vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, estivo acompañado de Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano; o ...
leer másO Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.
“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.
O Concello de Cervo acollerá esta próxima fin de semana, o 22 e o 23 de xuño, o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e a tenente alcalde e a concelleira de Servizos Sociais e Muller do Concello de Xove, Dolores Meitín e Tamara Soto, respectivamente.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración dos Concello de Cervo e Xove e da Xunta de Galicia, participarán 250 nadadores, pertencentes a 27 clubs galegos.
O rexedora cervense afondou na importancia que ten para Cervo “acoller unha...
leer más