Skate

24/10/2024

En vista do interese por participar nesta actividade, o Concello de Barreiros modifica as bases das Escolas Deportivas Municipais para que a rapazada de 13 e 14 anos tamén se poida anotar en skate. O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro e impartirase todos os xoves de 16:00 a 17:15 horas no pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.

“As persoas interesadas podedes inscribirvos nas oficinas do Concello, onde se vos facilitará a folla de inscrición ou tamén través da sede electrónica municipal ata cubrir as prazas”, explica o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
13/08/2024

O skatepark do Concello de Ribadeo acollerá do 16 de agosto ao 15 de setembro Noites de Skate. A actividade está organizada por Aloha Natura Escola de Skate da Mariña. 

As sesións están dirixidas ao público en xeral, xoves e adultos, que teñen inquietude pola práctica do skateboarding por primeira vez ou que desexen mellorar as súas habilidades. 

Os venres e os sábados haberá dúas clases de hora e media de duración, cada unha. Serán en horario de 19:30 a 21:00 horas e de 21:00 a 22:30 horas. 

Cada clase de skate semanal terá un custe de 10 euros. Para os participantes que empreguen o seu propio skateboard de alta calidade e as súas propias proteccións a tarifa será de 7 euros. 

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 622 567 808 ou ao...

leer más
Etiquetas:
21/06/2024

A pista de skate de Ribadeo será escenario mañá, sábado, do Go Skateboarding Day 2024. Haberá actividades  didácticas e deportivas entre as 9:30 e as 23:30 horas. A xornada está organizada por Aloha Natura, que conta coa colaboración do Concello.  

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “aínda que o día internacional do skate se celebra hoxe mesmo, os organizadores decidiron pospoñer a data en Ribadeo ata mañá para favorecer que se acheguen rapazas e rapaces de toda A Mariña e do Occidente asturiano, que xa remataron o curso escolar”.

O edil ribadense explicou que “haberá clases de skate dirixidas a xoves que queiran realizar esta práctica deportiva por primeira vez e tamén para persoas que desexen mellorar as súas habilidades e a técnica do skateboarding. O número máximo de participantes...

leer más
19/07/2019

Este sábado, 20 de xullo, no bowl municipal do Parque Reina Sofía, en San Ciprián, terá lugar o Furancho Skate

A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.

A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters freeride, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas, e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.

Teléfono para información e inscrición: 659 92 54 59

 

Etiquetas:
18/04/2016
En Cervo a Delegación Municipal de Xuventude organiza unha xornada de skate e outra de surf. Os interesados en participar deben inscribirse antes do 21 de abril.
 
A Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza unha xornada dedicada ao skate e outra ao surf. Os interesados en participar nestas dúas actividades deben inscribirse antes deste xoves, día 21.
 
A xornada dedicada ao skate será este venres 22 pola tarde e está dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6 º de Primaria e rapaces a partir de 12 anos. E a de surf será este sábado 23 pola mañá para rapaces con idades a partir de 12 anos.
 
Os interesados en participar poden inscribirse na Casa do Mar, de San Ciprián, no teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamizació...
leer más