O campus de baloncesto feminino Ribadeo Basket PRO 2024 desenvolverase do 14 ao 20 de xullo

O campus de baloncesto feminino Ribadeo Basket PRO 2024 desenvolverase do 14 ao 20 de xullo. 
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “está destinado a rapaza nadas no ano 2010 ou nos anteriores. O director técnico é Lucas Fernández, ex seleccionador nacional U14. E os adestradores e adestradores están vinculados a clubs como o Durán Maquinaria Ensino ou o Gernika, por poñer uns exemplos. Como convidados pasarán por Ribadeo Lino López, ex seleccionador nacional U18, ou Raquel Romo, adestradora axudante do Perfumerías Avenida. Pero desde a organización aseguran que haberá mais sorpresas durante a celebración deste campus Ribadeo Basket PRO 2024”.
O edil ribadense engadiu que “as asistentes participarán en adestramentos específicos, gozarán de traballo individualizado e de preparación física e recibirán formación sobre nutrición deportiva, entre outra cousas”. 
Silvent subliñou: “estamos moi contentos de poder colaborar desde o Concello coa celebración dun evento deportivo deste calibre pola promoción que suporá para Ribadeo e polos valores que lles transmitirá ás rapazas asistentes”. 
No acto de presentación que tivo lugar no Concello de Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, a presidenta de ADC Drocer (empresa organizadora), Ana Ónega, e o presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.