Pista

Etiquetas:
21/06/2024

A pista de skate de Ribadeo será escenario mañá, sábado, do Go Skateboarding Day 2024. Haberá actividades  didácticas e deportivas entre as 9:30 e as 23:30 horas. A xornada está organizada por Aloha Natura, que conta coa colaboración do Concello.  

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “aínda que o día internacional do skate se celebra hoxe mesmo, os organizadores decidiron pospoñer a data en Ribadeo ata mañá para favorecer que se acheguen rapazas e rapaces de toda A Mariña e do Occidente asturiano, que xa remataron o curso escolar”.

O edil ribadense explicou que “haberá clases de skate dirixidas a xoves que queiran realizar esta práctica deportiva por primeira vez e tamén para persoas que desexen mellorar as súas habilidades e a técnica do skateboarding. O número máximo de participantes...

leer más
Etiquetas:
17/11/2023

Ribadeo contará con pista de xeo este Nadal. Estará instalada nunha carpa na Avenida Rosalía de Castro entre o 3 de decembro e o 7 de xaneiro. O prezo da entrada será de 5 euros, pero os negocios adheridos contarán con vales de desconto para a súa clientela, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz. 

A edil ribadense explicou que “a pista de xeo volve a Ribadeo este ano. Será do 3 de decembro ao 7 de xaneiro. Estará instalada no aparcamento da rúa Rosalía de Castro, preto do Teatro. O horario durante o mes de decembro será de 16:30 a 21:00 horas e do 2 ao 7 de xaneiro de 12 a 14 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Os días de Noiteboa e de Aninovo a instalación estará pechada”. 

Saiz indicou que “o prezo da entrada será de 5 euros. E...

leer más
Etiquetas:
29/12/2022

Dado o éxito da pista de xeo,  ACIAM Xove decidiu ampliar os días de apertura para que todos os nenos e persoas que gustan de patinar teñan a oportunidade de disfrutar da mesma.

A pista, que en principio ía estar aberta ata o venres, 30 de decembro, agora vai prolongar a súa apertura ata o sábado 7 de xaneiro.

Os días que vai estar aberta na vindeira semana son: luns 2, martes, 3, mércores 4, xoves 5, (venres 6 pechada) e sábado 7 de xaneiro,  sendo o horario diario de 16:30 a 21:30 h.

 

Etiquetas:
23/07/2022

A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp foi inaugurada na tarde de onte cunha exhibición de patinaxe e moita música

O alcalde, Alfonso Villares, dixo que: "con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade".

Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.

 

Etiquetas:
01/04/2021

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, anunciou que o Concello xa rematou a obra de construción da pista de pádel da vila. 

A rexedora remarca que “o principal obxectivo deste proxecto é proporcionar ao municipio de Trabada, e a todos os seus veciños e veciñas, unha nova instalación deportiva para a práctica dun deporte en auxe como é o pádel. E lembramos que facémolo porque é unha demanda veciñal, e ao mesmo tempo dámoslle utilidade a un espazo que non o tiña”. 

Ademais dende o Concello tamén avanzan que “o Goberno Municipal de Trabada xa está traballando en impulsar e promover máis proxectos para este emprazamento, co fin de que contribúan a mellorar as nosas dotacións públicas." 

“Dende o Goberno Municipal de Trabada decidimos incluír a ubicación desta pista de pádel nas...

leer más
Etiquetas:
28/12/2018

Por cuarto ano consecutivo Ribadeo conta cunha pista de xeo XL da que se pode desfrutar durante este Nadal. Está aberta no parque de San Francisco desde o pasado 21 de decembro e ata o próximo 7 de xaneiro e este ano incorpora, como novidade, sesións nocturnas con djs que teñen lugar os venres e os sábados de 22 a 00:00 horas. Desde o Concello subliñan que “con esta acción o que se pretende é dinamizar máis a pista de xeo XL ao ampliar horarios e introducir a música, así como fomentar o consumo no comercio e na hostalería local”. 

E lembran que “a pista de xeo XL de Ribadeo, duns 300m2, é a única que se atopa aberta na provincia de Lugo, e das poucas que contan con sesións nocturnas amenizadas con música”. 

A pista de xeo, organizada polo Concello de Ribadeo e na que tamén colabora Acisa, ten un prezo de 6 euros....

leer más
Etiquetas:
18/12/2018

Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello  e de Acisa. Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Turismo e Xuventude, Ana Martínez e Vanesa Yanes, así coma o xerente e o vicepresidente de Acisa, Jesús Pérez e Juan Andina, e o vogal da asociación Ramón Loredo. 

O rexedor declarou: “qué mellor que combater este frío que vai haber neste...

leer más
Etiquetas:
18/12/2017

Xa é posible patinar en Ribadeo na pista de xeo natural XL, que por terceiro ano consecutivo poñen en marcha Acisa e o Concello durante as festas de Nadal.

Abre en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas ata o vindeiro 7 de xaneiro, agás os días 24 e 31 que pechará ás oito da tarde. O prezo da entrada é de 6 euros, aínda que aquelas persoas que merquen ou consuman nos comercios e locais hostaleiros de Ribadeo, asociados a Acisa, e presenten os seus tíckets por importe igual ou superior a 20 euros poderán obter esas entradas ao prezo de 3 euros. Eses tíckets teñen que ir acompañados das papeletas cos descontos que distribuirán os establecementos asociados a Acisa. Catro monitores atenderán a pista de xeo natural XL, de Ribadeo, durante estas semanas. A instalación foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Mocidade...

leer más
Etiquetas:
13/07/2017

A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.

Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.

Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...

leer más