Este domingo, 23 de xuño, realizarase a ruta de sendeirismo da subida ó Picato, en Trabada

O Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.

A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.

“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.