Deportes

Etiquetas:
07/06/2024

O VIII Torneo Marosa Cup volve a Burela os días 22 e 23 de xuño reunindo a case 70 equipos e máis de 1.000 xogadores de equipos procedentes de Lugo, Santiago, A Coruña, Ferrolterra, Asturias e, por primeira vez, de Cantabria.

O torneo, xa consagrado como un referente a nivel provincial e autonómico, contará coa participación de 41 equipos na primeira xornada, dedicada ó fútbol 8, e doutros 28 equipos no domingo, centrado no fútbol 11.

A cita, que se desenvolverá nas dúas instalacións deportivas de A Marosa, en Burela, e no campo de A Veiga, en San Cibrao, presentouse coa presenza da alcaldesa de Burela, Carmela López, o presidente da SD Burela, Jairo Campo, e membros da directiva.

“Estamos encantados de poder sacar adiante outro ano máis o Marosa Cup, un evento que moitos clubs aproveitan...

leer más
Etiquetas:
07/06/2024

O Pavillón da Veiga acollerá o VII Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” mañá sábado 8 de xuño, organizado polo Concello de Cervo e o Club Deportivo San Ciprián.

A rexedora, Dolores García Caramés, presentou o evento, xunto co equipo e membros da directiva da sección de volei do Club Deportivo San Ciprián “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais que tamén contaron con esta disciplina con máis de vinte nenos e nenas inscritas este curso”.

A rexedora aproveitou a ocasión para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos, tando do equipo sénior do CD San Ciprián como das EDM de Cervo, que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran...

leer más
Etiquetas:
06/06/2024

Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XIX Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. Vai disputar no estadio municipal Pepe Barrera e tamén no campo do Ceip Gregorio Sanz. 

Serán un total de 60 equipos de Cantabria, Asturias e Galicia os que se dean cita en Ribadeo estes días, que reunirán a uns 900 xogadores e arredor de 1.500 persoas acompañantes. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou a importancia da celebración destes eventos deportivos en Ribadeo: “son torneos que traen a moita xente á nosa vila, o que ocasiona unha importante dinamización económica en Ribadeo durante o mes de xuño”. E referiuse tamén “aos valores que lles inculcan aos pequenos futbolistas”.

No acto de presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o...

leer más
Etiquetas:
05/06/2024

O día 28 de maio abriuse o prazo de inscrición para que nenas e nenos de entre 5 e 17 anos poidan probar as Escolas Deportivas do Burela FS de forma gratuíta do 4 ao 17 xuño. As inscricións así como consulta de horarios e categorías, realízanse a través da plataforma cluber en esta ligazón:
https://app.cluber.es/clubes/18e225bc917ef0c07cc1eaa25747338de7db771f/pa...

Estas Xoranadas de Portas Abertas están pensadas para que as nenas e nenos que sexan ou se atopen estes días na comarca da Mariña, poidan probar o deporte do fútbol sala e valorar se lles interesa continuar practicándoo nas nosas escolas, cos mellores profesionais. Poderán apuntarse segundo a categoría á que pertenzan, por idade e xénero. As Escolas Deportivas...

leer más
Etiquetas:
03/06/2024

Do 8 ao 12 de xullo terá lugar en Ribadeo a segunda edición do Campus de Fútbol do Real Oviedo, que foi presentado esta mañá no Concello. Está destinado a rapazas e rapaces nados entre 2018 e 2009.

César Martín,  director de Relaciones Institucionales do Real Oviedo, dixo: “estamos aquí presentando la segunda edición del campus de Ribadeo, el segundo campus Salus Real Oviedo. Estamos muy contentos de repetir. El año pasado la experiencia ha sido magnífica. Todos los chicos y chicas que participaron nos hicieron vivir momentos muy bonitos. Es una semana de mucha intensidad, de mucho fútbol, de otras actividades. Y luego se culmina con una visita a Oviedo en la que pueden pasar una mañana con algún jugador del primer equipo del Real Oviedo”. E subliñou: “la verdad que nada más que tenemos palabras de agradecimiento para el Concello, para el...

leer más
01/06/2024

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta “Foces del Río Infierno y de los Moñacos”, en Piloña (Asturias), para o 15 de xuño, sábado. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nunha área recreativa, para o que cada un levará a súa comida.

As prazas están limitadas ás 28 do microbús, xa que a orografía da estrada non permite viaxar en autocar grande.

A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 12 de xuño, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.

 

31/05/2024

O vindeiro luns, día 3 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas que organiza o Concello de Barreiros e que se levarán a cabo nos Colexios Vellos de San Miguel e no Centro Sociocultural de San Cosme. Este programa, denominado Movernos no Verán, ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas dende o 17 de xuño ata o 13 de setembro do 2024.

As persoas que estean interesadas poderán matricularse no/s período/s seguintes: de 17 a 30 de xuño, de 1 a 31 de xullo, de 1 a 31 de agosto e de 1 a 13 de setembro.

Impartiranse clases dunha hora de duración de Espalda Saudable, Pilates, Ximnasia de Mantemento, Ioga e Zumba.

 

31/05/2024

O parque deportivo e de ocio de Xove será inaugurado o día 9 de xuño, domingo. O acto empezará ás 10:30 horas e incluirá unha competición de pump track, da Copa Galicia deste deporte que organiza a Federación Galega de Ciclismo.

Ademais de circuíto para practicar pump track, o parque deportivo e ocio de Xove conta con pistas de skate, zona de calistenia, parking de autocaravanas e zona de recreo.

 

Etiquetas:
30/05/2024

Hoxe foron presentados na Casa do Concello os tres torneos organizados pola SD Ribadeo que se disputarán os días 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño. Participarán unha media de 60 equipos en cada torneo, uns 1.000 xogadores e máis de 2.000 acompañantes cada fin de semana, segundo destacou o presidente do club organizador, Valentín Coto.  No acto de presentación tamén interviñeron o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.

O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, explicou que “estamos procediendo a la presentación del quinceavo torneo infantil SD Ribadeo, a la vez que el decimonoveno torneo alevín y el decimonoveno torneo benjamín y prebenjamín, que se van a disputar durante el primer, segundo y tercer fin de...

leer más
Etiquetas:
29/05/2024

As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, a sétima edición da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte, que terá lugar este sábado, 1 de xuño de 2024, a partir das 16:30 horas, na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá. Foi presentada cun acto presidido pola alcaldesa laurentina, Rocío López García.

Este evento deportivo contará paralelamente coa celebración do XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 quilómetro en ruta.