Cursos
Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de agosto todos os nenos e nenas nacidos a partir de 2014 teñen unha cita no Club de Remo de Ribadeo.
Este curso de iniciación ao remo impartirase das 10:30 ás 12:30 horas e, para poder participar, os pequenos e pequenas deberán saber nadar e ser de Ribadeo ou arredores. O seu prezo é de 30 euros.
Para calquera dúbida ou reserva, está dispoñible o número de teléfono 660 82 86 28.
A piscina municipal do Valadouro ofrece curso de natación de balde para todos @s usuari@s os venres 2 e 9 de agosto de 12:15 a 14:00 horas e de
16:30 a 18:30 horas.
Esta actividade, con entrada libre, é unha iniciativa da Concellería de Deportes do Concello do Valadouro.
O Concello de Burela organiza, en colaboración coa fundación Cibervoluntarios, un Campamento Dixital que se levará a cabo na Aula Cemit. A iniciativa enmárcase no o programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), e se desenvolverá entre o 19 de agosto e o 6 de setembro.
Haberá dous grupos: un para nenas e nenos entre 9 e 13 anos e outro para rapazada de 14 a 17 anos. En ambos casos terá unha duración de 30 horas totalmente de balde. No campamento aprenderase a empregar internet de xeito útil, creativo, seguro e responsable.
As inscricións poderán ser presenciais, na Casa do Concello, ou telemáticas, a través do número 982.58.60.00 ou o correo educadorafamiliar@burela.org. Será necesario indicar o nome e apelidos da persoa interesada, a súa data de nacemento...
leer másO Concello do Vicedo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza a Semana e-makers, que terá lugar do 29 de xullo ao 2 de agosto na Casa da Cultura. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos, con preferencia para aqueles empadroados no concello.
Durante esa semana os participantes terán a oportunidade de aprender e experimentar co modelado e impresión 3D, robótica e enxeñería, ademais da creación de videoxogos e animación. As actividades desenvolveranse en horario de 10:30 a 13:00.
A semana e-makers proporcionará unha experiencia educativa e divertida que fomenta a creatividade e as habilidades tecnolóxicas entre os máis novos.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico...
leer másA Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio o vindeiro 18 de xullo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “o 18 de xullo vamos facer un curso na Confraría de Pescadores de Ribadeo para a iniciación ao microscopio. Aí vas aprender preparacións microscópicas e observar os secretos que esconden a ría. Contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, do Centro de Cultivos Marinos e evidentemente co profesor, coa persoa que vai preparar todo isto que é Dani Prieto”.
O rexedor cre que a “colaboración entre as administracións está sendo un éxito, tamén no aspecto formativo, e dámoslle un impulso moi importante a Confraría de Pescadores, á nosa lonxa, porque tamén, aparte de facer o traballo cotiá, empeza a facer actividades divulgativas, formativas, entorno ao que esconde a ría e todos...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) vén de presentar a nova campaña de apertura de matrícula para o próximo curso académico.
“Baixo o lema A Universidade que Une, esta iniciativa destaca a importancia da relación interxeracional, a sustentabilidade ambiental e o valor do coñecemento na nosa comunidade. A UNED de Lugo e as súas aulas énchese de orgullo ao ser un punto de encontro para estudantes de todas as idades, desde mozos recentemente graduados de secundaria, adultos que buscan continuar a súa formación, séniors que queren ampliar os seus coñecementos ou nenos e nenas gozando dos seus primeiros obradoiros educativos. A campaña A Universidade que Une subliña como a interacción entre distintas xeracións enriquece o proceso de aprendizaxe, fomentando un intercambio...
leer másO artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional. Deste xeito promove un taller, en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A inscrición, con prazas limitadas, xa se pode formalizar a través do teléfono 638.71.72.72 ou do correo electrónico telmocao@yahoo.es.
Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller, no que realiza pezas únicas previo encargo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por...
leer másO Concello da Pontenova organiza cursos de aquagym na piscina municipal do 15 de xullo ao 16 de agosto. Serán os martes e venres de 12:30 a 13:10 horas.
Esta actividade é para persoas a partir de 18 anos de idade e as prazas son limitadas. O prezo é de 50 euros por toda a tempada ou 15 euros cada semana. O prazo de inscrición remata o 15 de xullo.
As persoas interesadas poden obter máis información no bar da piscina ou a través do teléfono 606.25.71.69.
O Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT, para a mocidade de 13 a 17 anos. É gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. Levarase a cabo en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento...
leer másO Concello da Pontenova organiza un campamento de verán para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Será do 15 de xullo ó 16 de agosto (de luns a venres) de 10:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77. O prazo estará aberto ata o 10 de xullo.