Cursos
O Concello de Barreiros, grazas a un convenio coa Fundación Cibervoluntarios, presenta un campamento dixital para a rapazada de 13 a 17 anos. Esta formación ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital entre a xuventude. O campamento terá lugar na Aula CeMit de Barreiros do 1 ao 19 de xullo de luns a venres de 11 a 13 horas. A actividade consta de 30 horas de formación gratuíta durante as cales, a través de aventuras interactivas, os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para acadar logros.
Os participantes aprenderán: uso consciente e responsable de Internet e redes sociais, protección da identidade dixital, novas competencias recollidas no marco europeo de competencias dixitais DIGCOMP.
O Concello de Barreiros salienta que “é unha boa oportunidade para mellorar as...
leer másO Concello de Cervo programa para este verán unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que arrincará o luns 24 de xuño e desenvolverase ata o 10 de setembro. Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas neste tempo de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias. Estenderase durante todo o período de vacacións escolares, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 20 de xuño.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, explica: “cremos que este programa, que está máis que consolidado xa no noso concello...
leer másA Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN), de Burela, organiza cursos gratuítos para coidadores de persoas con algún tipo de demencia os días 6, 7, 13 e 14 de xuño no municipio de Cervo, concretamente na Casa do Mar de San Cibrao.
Os días 6 e 13 de xuño serán de 16:00 a 18:00 horas e os días 7 e 14 de xuño desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas
As persoas interesadas en participar ponde inscribirse a través do teléfono 982.58.06.10, enviando un correo a gema.afan.burela@gmail.com ou na Casa da Cultura do Concello de Cervo.
AFAN Burela explica que “as prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. Esta actividade está financiada pola doazón que o Festival da Luz realizou á Federación Alzhéimer Galicia e realizada grazas á...
leer másO Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020. Serán no CEIP San Cosme con prazas limitadas. O prazo de inscrición estará aberto desde o 28 de maio ata o 7 de xuño.
Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos: +Concilia Xuño, do 24 o 28 de xuño; campamentos de verán, do 1 de xullo do 2024 ata o 31 de agosto do 2024, en quendas de 15 días naturais; e +Concilia Setembro, do 2 o 6 de setembro.
Ademais, para facilitar a conciliación familiar amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 horas para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.
O prazo de solicitudes para o programa Trabada Concilia comeza este martes, 28 de maio, e estará aberto ata o 11 de xuño. Dentro deste programa inclúense tódolos servizos de conciliación ofertados polo Concello de Trabada, como son o campamento de verán 2024, o servizo de Madrugadores, Ludiseráns e os cursos de natación para o curso escolar 2024-2025.
O Concello amplía o número de prazas do campamento de verán debido á gran acollida que tivo o ano pasado.
“Dende o Concello de Trabada continuamos apostando polos servizos de conciliación para as familias, que tan necesarios son hoxe en día para axudar aos pais e nais, contribuíndo a fixar poboación no rural”, asegura o alcalde, Rubén García, que engade: “continuamos ofertando estes programas durante o verán e durante o curso escolar xa que queremos que as familias do noso concello conten cuns programas de conciliación...
leer másO curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado “III Encontro Álvaro Cunqueiro: Cunqueiro aquí e acolá”, que se celebrará en Mondoñedo os día 6 e 7 de xullo, xa ten aberto o prazo de matrícula, que rematará o 21 de xuño. Neste evento colabora o Concello mindoniense e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.
O Concello de Mondoñedo destaca que “a nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que nos achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas. Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño”.
As persoas interesadas...
leer másEste mércores, 22 de maio, desenvolverase unha nova actividade enmarcada no programa denominado “Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado”. Será na Casa do Mar, en San Ciprián, de 17:30 a 19:30 horas e consistirá nunha actividade de manualidades con material de refugallo: plástico, vidro e cartón.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de San Ciprián.
El Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza unas jornadas de formaciones en redes sociales para sus asociados. Se desarrollarán los lunes 20 y 27 de mayo y 3 de junio de 19 a 21 horas.
“Porque es súper importante estar al día con las nuevas tecnologías y las redes sociales desde el CCHV pondremos en marcha durante tres lunes consecutivos unas Jornadas de Formación para nuestros asociados”, explican los organizadores.
El lunes 20 de mayo será sobre cómo hacer fotografías de calidad para redes sociales con el móvil.
El lunes 27 el tema es “Descubre instagram, de 0 a 100” y cómo crear contenidos para las redes sociales.
Y el lunes 3 de junio la jornada estará dedicada a como hacer publicidad en tus redes sociales.
No Centro Sociocomunitario de Mondoñedo desenvolverase un curso sobre o uso de caixeiros automáticos de forma fácil e segura. Será o día 16 de maio, xoves, de 11:00 a 12:30 horas.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo explica que é unha actividade “enmarcada no Programa de Educación Financeira. Ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros de ABANCA para facer as operacións máis habituais en calquera momento”.
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación, que se realizará o día 24 de maio, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etcétera. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.
A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse...
leer más