Cursos
O Concello de Viveiro informa de que o luns 1 de xullo comeza a primeira quenda do campamento de verán, que se desenvolverá no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 08.30 a 14.30 horas con entrada flexible ata ás 10.00 horas.
Haberá catro quendas ata o 30 de agosto: do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 09 de agosto e do 12 ao 30 de agosto.
“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar. Deste modo os cativos e cativas gozan dunha alternativa de ocio saudable á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O Concello de Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. Comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas. Enmárcase no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
Desde a EMMeD indican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.
O Concello do Valadouro ofrece o programa de actividades denominado Ludiverán os días laborables desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto de 9:00 a 14:00 horas. As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nacidos entre o ano 2012 e o 2020.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o 26 de xuño por medios telemáticos (sede electrónica), nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas Xerais do Concello do Valadouro.
Na Casa da Cultura do Valadouro desenvolverase un curso sobre formas de manexo na colmea para a loita contra a avespa velutina. Será os días 29 e 30 de xuño de 2024, sábado e domingo, de 09:00 a 14:00 horas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 661.003.616 ou do correo electrónico casadomel@vodafone.es.
Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, o Concello de Alfoz amplía o horario de atención a nenas e nenos no programa Ludiverán. A partir do 1 de xullo ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9:00 ou ás 10:00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13:30 ou ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar. O resto de información pódese atopar nas bases de participación, anuncia a Delegación de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz.
“Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais...
leer másO Concello de Burela abre este mércores, 19 de xuño, o prazo de preinscrición para o seu programa de campamentos de verán e ocio para a cativada Somos Verán, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 23 de agosto. O prazo estará aberto ata o venres, día 21 de xuño. As preinscricións poderán realizarse no correo electrónico gaia@burela.org ou na oficina do centro Gaia. Deberase entregar a documentación necesaria e o formulario que se pode atopar en...
leer másEl próximo 25 de junio arrancará la décimo primera edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples. El plazo de inscripción está abierto.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos...
leer másA Aula CeMIT do Vicedo organiza cursos nas mañás do verán desde o 24 de xuño ata o 6 de setembro para nenos e nenas a partir de 7 anos e adultos. Haberá varios grupos por idades e horarios e a inscrición é gratuíta.
As prazas para participar poden reservarse por teléfono, no 982.59.01.95, por correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com ou polas redes sociais de forma privada.
O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver no pavillón polideportivo municipal, inicialmente durante o mes de xullo (de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin, anuncia o Concello.
As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
Haberá tamén un servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade del. Será de 8:00 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas Para máis información e solicitudes deste servizo deben dirixirse á Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 982.55.90.19.