O Concello da Pontenova organiza cursos de aquagym na piscina municipal do 15 de xullo ao 16 de agosto. Serán os martes e venres de 12:30 a 13:10 horas.
Esta actividade é para persoas a partir de 18 anos de idade e as prazas son limitadas. O prezo é de 50 euros por toda a tempada ou 15 euros cada semana. O prazo de inscrición remata o 15 de xullo.
As persoas interesadas poden obter máis información no bar da piscina ou a través do teléfono 606.25.71.69.