O Concello de Xove organiza o 8 de febreiro o “Taller de onde veñen os bebés” para nen@s de entre 4 e 7 anos

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).

Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.