O colectivo amarinha.gal ofrece unha charla sobre alternativas a Facebook, Twitter e Google en Ribadeo este venres, 24 de xaneiro

O recentemente creado colectivo amarinha.gal -constituído en inicio por Lucía Ferro (escritora en varias linguas e autora de performances), José Manuel Ventoso (enxeñeiro desenvolvedor de software en varias compañías multinacionais e de xeito independente) e Antonio Gregorio (físico e profesor xubilado)- ofrece unha charla titulada Retomando prazas públicas, para “aprender a usar alternativas a Facebook, Twiter e Google”, anuncian. Será este venres, día 24 de xaneiro, ás 17:30 horas na biblioteca pública municipal de Ribadeo.