Carteis
A Sociedade Cultural Ledicia convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXIX Feira do Bonito, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto na zona portuaria de Burela.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, explica que o colectivo “prepara varias actuacións para esta primavera e abre tamén o capítulo do verán, convocando o concurso de carteis para a XXXIX Feira do Bonito. Nesta ocasión adiantamos un pouco a convocatoria, coa intención de poder mellorar os prazos de traballo”.
Nas bases explícase: “convócase o concurso en dúas categorías, concursantes até 14 anos (incluídos) e concursantes maiores de 14 anos; poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría...
leer másA Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero. O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.
O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a...
leer másA Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia presentou os carteis para a trixésimo oitava edición da Feira do Bonito, evento que se celebrará en Burela os días 3 e 4 de agosto, sábado e domingo.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, explica: “pasado o ecuador do mes de xullo, despois da celebración do Carme -a Raíña do Mar- e co recordo de que nestes días se cumpren 30 anos de aquela guerra do bonito, estamos no punto perfecto para lembrar e reflexionar, e continuar rendendo homenaxe ao mundo mariñeiro. Aquel punto de inflexión propiciou o nacemento do pregón da feira e o recoñecemento das persoas que traballan nela como Asador Maior (e co devir dos tempos Colaboradora de Honra). Hoxe sacamos á rúa os carteis que anunciarán a XXXVIII FEIRA DO BONITO. Como xa temos publicado, o cartel anunciador foi realizado por Maite Fernández...
leer másA Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXVI Feira do Bonito os vindeiros 6 e 7 de agosto de 2022 na zona portuaria de Burela (Lugo). O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño.
BASES:
Convócase o concurso en dúas categorías: Categoría A para concursantes ate 14 anos (incluidos) e Categoría B para concursantes maiores de 14 anos 2.
Poden participar tódalas persoas que o desexen (con un ou varios traballos) que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior; indicando no exterior a categoría na que concursan.
O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da feira.
O encabezamento do traballo será XXXVI FEIRA DO...
leer másBurela rende estes días unha homenaxe á Feira do Bonito que non se pode celebrar do xeito tradicional, debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia do covid. Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais, o Certame Amarte e unha exposición dos carteis da feira que se pode ver por todo o pobo. O alcalde burelés, Alfredo Llano, convida a achegarse á localidade para desfrutar de toda esta oferta, pero pide que se faga con responsabilidade e prudencia.
O rexedor dixo que “estes días debéramos estar desfrutando dunha Feira do Bonito que lle correspondería ser este sábado pero, derivado da pandemia, este ano ao igual que o pasado non se vai celebrar como se viña celebrando dunha maneira moi recoñecida porque a asociación Ledicia preparaba de formas diferentes o bonito e tiña un éxito total. Era unha...
leer más