Versos
“Achégase unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. Para conmemorar ese día desde o Concello de Cervo queremos convidarvos a participar no concurso Versos de Rosalía. Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto,...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 12:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.31.59. 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia”, anuncia o Concello de Cervo.
Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00...
leer más