Moeda

Etiquetas:
27/04/2022

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet como bizum ou criptomoedas. Será entre as 12 e as 13 horas. 

Desde a Aula CeMIT explican que “o auxe das transaccións en internet debido as consecuencias do coronavirus levounos a ter que adecuarnos a novos métodos de pago. Cada vez hai máis sistemas que melloran a experiencia aportando unha (aínda) maior protección de datos e seguridade para facer compras a golpe de clic”.

E engaden: “neste sentido, ¿qué métodos de pago podemos usar na actualidade? Nesta charla repasaremos os principais métodos de pago: bizum, tarxetas revolving, pago por móbil, etc. dando a coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras e usuarias”.

As persoas interesadas en asistir a esta charla...

leer más
Etiquetas:
28/12/2021

O 31 de decembro conclúe a terceira edición da campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anima a empregala para as compras destes días. 

Foron un total de 114 establecementos comerciais e hostaleiros os que se adheriron a esta campaña, que arrincou o pasado 1 de setembro para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo. 

Vizoso Galdo lembrou que “este ano quixemos dar un paso máis dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa dun teléfono móbil tipo Smartphone. As Panchas puideron e poden adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros...

leer más
Etiquetas:
31/08/2021

A nova campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo, arranca mañá, mércores 1 de setembro, con máis de 100 establecementos adheridos.

O alcalde en funcións e concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo vai poñer a rodar 600.000 Panchas para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo. Este ano a campaña da Pancha dá un paso máis, dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa un teléfono móbil tipo Smartphone. Así as Panchas poderán adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros, polos que se obterá un contravalor de 40 Panchas, e ata un máximo de 7 packs por cada persoa participante, o que...

leer más
Etiquetas:
27/08/2021

O Concello de Ribadeo amplía o prazo para a adhesión dos establecementos interesados ao programa da Pancha ata o vindeiro 10 de setembro. 

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello, tras recibir sendas suxestións e peticións para a ampliación do mesmo debido ao volume de traballo que está a rexistrar Ribadeo neste verán, valora como positiva esta ampliación xa que facilitará a inscrición a aqueles establecementos que estean en plena campaña de verán e así se poidan beneficiar o maior numero de locais de Ribadeo”.

E engadiu que “aquelas persoas interesadas en adherirse á campaña da Pancha terán que realizar a súa inscrición en pancharibadeo.com e terán ata o vindeiro 10 de setembro. Hai que lembrar que aqueles establecementos que estean adheridos terán que pasar pola Área de Desenvolvemento...

leer más
Etiquetas:
11/08/2021

Do 1 de setembro ao 31 de decembro desenvolverase a terceira edición da Pancha, a moeda local de Ribadeo. Os negocios que queiran participar na campaña deberán inscribirse do 12 ao 27 de agosto. Neste 2021 a compra e o uso das panchas será totalmente dixital, a través do Panchapeto. A campaña foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. 

O edil ribadense explicou que “a nova campaña da nosa moeda local, A Pancha, está dotada cun investimento de 150.000 euros, financiada con fondos propios do Concello, máis os custes de operativa, organización e promoción, o que vai supoñer un retorno de máis de 600.000 euros en valor de negocio para os comercios, a hostalería e os establecementos de Ribadeo”.

Vizoso Galdo contou que “nesta terceira edición, e tendo...

leer más
Etiquetas:
21/09/2020

O Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa, a Deputación de Lugo e ABanca pon en marcha a segunda edición da Pancha, a nosa moeda local para dinamizar a economía local e dar liquidez aos sectores máis afectados pola crise sanitaria da Covid19. A novidade deste 2020 é que a pancha tamén poderá empregarse na hostalería, ademais de no comercio e no sector servizos. A campaña, que foi presentada esta mañá, desenvolverase do 9 de outubro ao 1 de decembro. Son 150.000 euros os que se moverán cos 3.700 packs de panchas que se poderán canxear. 

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello pon en marcha de novo a campaña Pancha, a nosa moeda local,  xunto coa Deputación de Lugo, Acisa e ABanca co obxectivo de apoiar e dinamizar a economía local do municipio e dar liquidez aos sectores máis...

leer más
Etiquetas:
04/04/2019

Ata as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca. 

Polas oficinas desta entidade bancaria para facerse coas súas panchas pasaron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio, Ana Martínez, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.

O rexedor declarou que “é gratamente sorprendente vir, a esta primeira hora da mañá, facer os primeiros...

leer más
Etiquetas:
15/03/2019

No Concello presentouse este mediodía a moeda local, Pancha de Ribadeo. No acto participaron representantes municipais, de Acisa e de ABanca. Trátase dunha campaña que se desenvolverá do 5 de abril ao 5 de maio nos comercios adheridos á mesma. Cada cliente poderá cambiar, na oficina de ABanca en Ribadeo, 30 euros por 30 panchas para gastar no comercio local e a maiores recibirá 10 panchas máis como agasallo. O valor das 40 panchas é de 40 euros. 

No acto estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, o director de zona de ABanca en A Mariña, Carlos Teijeiro, e o director da oficina de Ribadeo, Ángel Luis Macía, ademais das técnicas que encargarán de coordinar todo o dispositivo.  

Todos os...

leer más