Eventos
O próximo 4 de maio de 2019 celebrarase a IX Ruta Cabalar de Remourelle, organizada pola Asociación Xinetes de Remourelle.
A xornada dará comezo ás 9:30 coa recepción dos participantes no Campo da Festa, a saída ás 10:30 pola ruta deseñada e o xantar dará comezo ás 14:30 horas
Distancia: 16,7 Km
Altitude: Máx. 389 m | Med. 312 m
Desnivel: Máx. 27,8 % | Med. 6,7 %
Tempo estimado: 4 horas
A cabeceira da ruta estará asegurada por Protección Civil de Ribadeo, que facilitará o paso dos cabalos cando conflúa unha estrada no percorrido. Na metade da ruta farase unha parada para tomar uns pinchos e repoñer forzas.
A xornada estará amenizada por unha discoteca móbil e haberá agasallos, sorteos e inchables gratis para todos os nenos e nenas...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este venres, 26 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o Día Internacional da Danza.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola das diferentes especialidades de danza, dando forma ao programa desta actuación, aberta ao público e gratuíta.
Así mesmo, o grupo de danza da EMMeD foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no Encontro de Centros de Danza, que terá lugar o vindeiro martes, 30 de abril, na capital lucense, dentro dos actos da Semana da Danza, coa participación de diversos centros de ensino de danza clásica e contemporánea de Galicia. Será ás 20:00 horas no Auditorio Gustavo Freire.
O sábado, día 27, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Mayer, e ás 15:00 horas, celebrarase un xantar (para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partires das 17:00 horas, haberá verbena con Mayer e Fénix. A comisión entregará trofeos ás tres mellores parellas de baile, e ás parellas máis veterana e máis nova. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha gran queimada co Bruxo de Cervo.
E o domingo 28 ás 10:00 horas comezará a xuntanza cabalar e o paseo de sendeirismo de Pesasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar que haberá posteriormente hai que chamar ao teléfono 646 647 619.
...
leer másEste martes, 23 de abril, deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.
A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.
A programación do...
leer másO Concello de Burela organiza o seu tradicional xantar para os xubilados, que terá lugar o vindeiro 5 de maio no pavillón dos institutos. Os que queiran participar poden inscribirse no Concello desde mañá, 24 de abril, e ata o 3 de maio.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, declarou que “como é tradicional xa, desde que chegamos nosoutros ao Concello de Burela a través deste grupo de goberno, volvemos recuperar o día de convivencia das nosas persoas maiores, facer unha homenaxe e un día para compartir, que é moi agradable, cun xantar para todos eles. Este ano imos facelo o 5 de maio”.
O rexedor salientou que “é para nosoutros unha honra poder xuntar á gran maioría de xente de Burela para participar neste xantar, ademais doutras actividades que vai haber antes no auditorio. Queremos compartir entre todos un día que...
leer másA Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.
Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A viaxe é gratuíta.
O Concello de Ourol organiza o ciclo Ourol Saudable que se celebrará durante os meses de maio e xuño.
O programa está destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable. Abordará temas como a nutrición e exercicios cardiovasculares con claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Tamén se tratará a hixiene postural con recomendacións para o coidado da espalda, posturas correctas, mobilizacións de cargas e aprender a camiñar. Ademais se falará de biblioterapia, como axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.
As actividades terán lugar no Centro de Fisioterapia, sito no Paseo da Rega, no parque...
leer másBurela acollerá o XII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 25 de maio. Unha das novidades deste ano será unha exposición de abanicos desde o século XVIII ata a actualidade de Elena Díaz que, segundo a organización, nunca fixo ningunha mostra en Galicia. A presentación do evento, celebrada este mediodía, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e a presidenta da asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, ademais de representantes da confraría de pescadores, da Fundación Expomar, da xefatura territorial do Mar, así coma os concelleiros de Turismo, de Servizos Sociais e do Mar, entre outros.
O alcalde, Alfredo Llano, salientou que “o mes de maio vai ser especialmente activo no concello de Burela, vai haber moitas celebracións deportivas, Expomar, o encontro de palilleiras, vai haber moitas actividades. Destaco a Feira Náutico...
leer másFoz terá un Mercado de Pascua na praza Conde de Fontao desde este xoves, día 18, ata o domingo 21.
Este mercado, que acollerá diferentes postos de artesanía, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas. Ademais venres, sábado e domingo haberá inchables e espectáculos de maxia.
O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de Gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.
O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación da asociación organizadora, entre eles o seu presidente, Julián Otero.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciaisno recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuítos para as crianzassobre cabalos de montura.
Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira...
leer más