O sábado, día 27, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Mayer, e ás 15:00 horas, celebrarase un xantar (para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partires das 17:00 horas, haberá verbena con Mayer e Fénix. A comisión entregará trofeos ás tres mellores parellas de baile, e ás parellas máis veterana e máis nova. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha gran queimada co Bruxo de Cervo.
E o domingo 28 ás 10:00 horas comezará a xuntanza cabalar e o paseo de sendeirismo de Pesasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar que haberá posteriormente hai que chamar ao teléfono 646 647 619.
Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con José Anido. Ás 17:00 horas terá lugar un baile e verbena tamén con José Anido. A comisión de festas dispón dunha carpa na que se realizarán os bailes dos dous días de festa.
As festas están organizadas pola asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro do Monte e contan co patrocinio do Concello de Cervo.