Eventos
As festas patronais de Burela, que comezaban o pasado sábado, continúan esta semana con diversas actividades como o karaoke infantil-xuvenil que se celebrará o mércores, día 29 de maio, a partires das 20:30 horas. O xoves 30 será o karaoke senior que dará comezo ás 21:00 horas. Estas actuacións terán lugar na Casa da Cultura e os ensaios desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas.
O venres, día 31, actuarán as orquestras Finisterre e Paris de Noia, a partires das 23:00 horas no recinto das festas.
O sábado, 1 de xuño, ao longo de toda a xornada, terá lugar a confección da alfombra floral. Ás 14:00 horas, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Israel, e ás 21:00 horas, na igrexa parroquial, celebrarase a misa cantada pola Coral Polifónica de Burela. Ao remate da misa procederase á baixada das imaxes da virxe do...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.
A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.
O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).
O Concello de Viveiro segue coa súa programación, durante este mes de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e este venres, día 24, terá lugar o obradoiro artístico As Cores de Fraguas.
Desenvolverase de 17:30 a 19:30 horas, na sala multiusos do Concello e está dirixido a nen@s a partir de 5 anos. A entrada é de balde e pode facerse a reserva de praza no teléfono 654 208 333. Este taller corre a cargo de Eureka Actividades.
O día 31 de maio procederase á colocación dun vinilo conmemorativo na Biblioteca Pública de Viveiro.
E o 1 de xuño presentarase Raposadas con Antón Fraguas pola contacontos Raquel Queizás. Dará comezo ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal. A entrada será de balde ata completar aforo, e os tickets entregaranse dous días antes na Biblioteca (2 por...
leer másEn Cervo e San Ciprián celébranse mañá, 17 de maio, unha serie de actividades con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.
A partir das 18:00 horas nas Escolas Vellas, de Cervo, haberá diversos actos en torno á vida e obra de Antón Fraguas, actuarán as cantareiras Cordenaia, o grupo de teatro Calavera presentará a obra O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, e haberá un obradoiro de chocolate para nenos e nenas. Organiza Airiños do Xunco, e colaboran o Concello de Cervo e a asociación cultural Os Aventados.
Ás 20:30 horas na praza dos Campos, de San Ciprián, servirase panceta, chourizo e salchichas á brasa por parte da asociación Rebolaxe. Ás 21:00 horas, actuarán Sete Meigas e un Meigallo, Dambara e Misturos, e ás 22:00 horas, ofrecerá un concerto Timparrandela. Organizan o Concello de Cervo e A...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o investigador e profesor da UNED, José María Leal, e o graduado en historia pola USC, Adrián Cao, presentaron este mediodía as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas polo Concello de Cervo en colaboración coa Universidade de Santiago, e que terán lugar o 19 e 20 de xullo, en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Tal e como explicou Villares, “vemos nesta colaboración unha oportunidade única para poñer en valor todos todo ese rico patrimonio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.
As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das...
leer másO Concello de O Valadouro organiza diversas actividades o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terán lugar na Casa da Cultura.
O programa dará comezo ás 20:00 horas coa intervención de Lionel Rexes que falará de Antonio Fraguas, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Despois haberá Raposadas con Antonio, Contos e lendas de Raquel Queizás.
Proxectaranse as curtas sobre a lingua galega: O galego é a fórmula do IES Isaac Díaz Pardo de Sada e En galego en Foz do IES de Foz. Tamén haberá cantigas con A.C. Amado Lar.
Colaboran na organización destas actividades: Deputación de Lugo, AC Amado Lar, IES de Foz e IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do XXV aniversario da súa creación, organiza unha cea de confraternidade para rematar o curso. Será o 29 de xuño.
Esta cea está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. O prezo estará entre os 20 e os 25 euros.
Dende a EMMeD comunican que para facer unha previsión das persoas que asistirán, realizarase unha pre inscrición para acadar unha mellor planificación do evento.
O prazo para que se anoten as persoas interesadas ábrese hoxe, martes, e rematará o 31 de maio. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@gmail.com o una propia Escola.
A dirección do...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse...
leer másEl hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, celebra mañana, sábado, su particular Feria de Abril. El pescaíto frito, los farolillos y el flamenco serán los protagonistas.
La directora del hotel, María Hermida, explica que “queríamos disfrutar también de la Feria de Abril en nuestras instalaciones y mañana, sábado, por la noche a partir de las nueve los lunares y el flamenco llenarán de color el hotel Vila do Val”.
Y añade que “tendremos tapeo especial a base de pescaíto frito, puntillas, boquerones, flamenquines, tortilla, salmorejo… tendremos rebujito. Y para crear ambiente contaremos con farolillos y con música flamenca. La noche se animará con la actuación del dúo La Hora Bruja”.
María Hermida anima “a todos los amantes de la Feria de Abril a que se acerquen mañana al hotel Vila...
leer másO colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recupera a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento terá lugar na área recreativa de Santa Cruz este sábado, día 11.
Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón anuncian que “con motivo da celebración do 50 aniversario do noso centro queremos retomar a Festa das Familias, coa que antes celebrabamos a fin do curso e que agora será unha xornada de confraternidade da comunidade educativa. Por iso convocamos o sábado 11 de maio en Santa Cruz ó redor das 14:00 horas a todas as familias e grupos (de alumnos, ex alumnos, profesores, amigos,...) que queirades acompañarnos. Lembrade levar todo o necesario, xa que en Santa Cruz non se dispón do servizo de bar na actualidade. Ás 17:00 horas todos/as pequenos/as...
leer más