Eventos
A asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.
A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.
A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión 2019 na noite do vindeiro domingo, 23 de xuño.
A festa dará comezo ás 21:00 horas e terá lugar no parque Concepción Arenal.
Haberá unha sardiñada popular e dende o Concello convidan a todos a participar, acudindo con todo o que se queira queimar sempre que non contamine.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén se coñecerá o patrimonio relacionado co ferro.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00.
Para...
leer másUn ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13 de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.
As persoas que desexen...
leer másA parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.
O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.
O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.
Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.
O programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros, realizarase en directo desde o salón de plenos do Concello de Burela este domingo, día 16, de 12 a 14 horas. A emisión do programa é aberta ao público con entrada libre ata completar o aforo.
O espazo, que se escoitará a través de todas as emisoras de Onda Cero Radio, estará dedicado fundamentalmente a promover os atractivos turísticos da zona norte da provincia de Lugo e entre os invitados que serán entrevistados por Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores (xornalistas especializados en turismo) estarán o alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o presidente da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo; e o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira.
... leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso do seu vixésimo quinto aniversario. Farao de xeito oficial este sábado. “Como vinte cinco anos non se cumpren cada día, queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Parque de San Francisco”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Hugo García salientou que “o festival será un ano máis unha caixa de sorpresas. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, tal e como viñamos facendo até o de agora, porque cremos que a ocasión o merece e que os 25 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante este tempo”.
O responsable da EMMeD de Ribadeo dixo que “será, unha vez máis, un festival que non...
leer másCon motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este venres, día 14, no Cenima, organízanse unhas xornadas de portas abertas que comezan o próximo domingo, 16 de xuño, en Cervo e continuarán nas seguintes fins de semana de xuño en Mondoñedo, A Pontenova, Viveiro e Burela. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.
No novo material informativo, que estará dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca a partir do día da presentación, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa.
A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o...
leer másO Concello de Burela organiza unha nova edición da Ocioteca de verán para os nenos e nenas empadroad@s no municipio, n@dos entre os anos 2016-2007.
As fichas de inscrición e demais documentación xustificativa entregaranse no Concello dos días 14 ao 17 de xuño, a partir das 8:00 horas. Os nenos/as que non teñan formalizada e entregada a ficha de inscrición nas datas indicadas non poderán asistir ás actividades.
O 20 de xuño farase pública a lista de admitidos/as no Concello e na súa páxina web e o 1 de xullo comezarán as actividades que se prolongarán ata o 30 de agosto.
As actividades levaranse a cabo no CEIP Vista Alegre de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá un máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos. O grupo de 3...
leer más