
O próximo 4 de maio de 2019 celebrarase a IX Ruta Cabalar de Remourelle, organizada pola Asociación Xinetes de Remourelle.
A xornada dará comezo ás 9:30 coa recepción dos participantes no Campo da Festa, a saída ás 10:30 pola ruta deseñada e o xantar dará comezo ás 14:30 horas
Distancia: 16,7 Km
Altitude: Máx. 389 m | Med. 312 m
Desnivel: Máx. 27,8 % | Med. 6,7 %
Tempo estimado: 4 horas
A cabeceira da ruta estará asegurada por Protección Civil de Ribadeo, que facilitará o paso dos cabalos cando conflúa unha estrada no percorrido. Na metade da ruta farase unha parada para tomar uns pinchos e repoñer forzas.
A xornada estará amenizada por unha discoteca móbil e haberá agasallos, sorteos e inchables gratis para todos os nenos e nenas asistentes.
A xunta directiva agarda mellorar o número de participantes a cabalo do ano anterior (130), así como os participantes no xantar posterior.
A organización do evento agradece a os interesados que fagan a súa reserva até o 2 de Maio (659 629 417, 636 864 132 e 676 770 918) para garantir a mellor planificación da xornada.