Eventos

Etiquetas:
02/10/2019
Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por décimoterceiro ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 4, sábado 5 e domingo 6 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 13 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai catro  anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 6 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN...
leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A Pontenova celebra as súas festas dos días 11 ao 14 de outubro. O venres 11 haberá verbena coas orquestras Arizona e Suavecito.

O sábado 12 terá lugar unha sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Suavecito. A verbena correrá a cargo de Blanco y Negro e Panorama, e ás 0:50 horas celebrarase a XXII edición da Queima dos Fornos.

O domingo 13 haberá sesión vermú co grupo Trébol, que tamén estará na verbena xunto a Gran Casino.

E o luns 14 nova sesión vermú con Blanco y Negro.

Os festexos están organizados polo Concello de A Pontenova coa colaboración da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
25/09/2019

San Miguel de Reinante celebra as súas festas desde este venres 27 ata o domingo 29.

O venres a partir das 20:00 horas haberá unha gran churrascada. O prezo por persoa é de 10 euros e instalaranse mesas e sillas para os asistentes. Actuará o cuarteto tradicional Xaramolos e o Dúo Élite.

O sábado 28 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne e procesión. Despois terá lugar a sesión vermú coa orquestra Stereo, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Tango.

O domingo 29 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne e procesión. De seguido haberá sesión vermú  coa orquestra Trébol, que ademais amenizará a verbena co grupo Lume.

 

Etiquetas:
25/09/2019

A asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.

Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.

 

25/09/2019

Mañá, xoves, pola tarde celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. No Forte de San Damián haberá o descubrimento dunha placa alusiva a ese feito e intervencións do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e tamén do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. 

A edil ribadense contou que “mañá, 26 de setembro, terá lugar ás 17:00 horas no Forte de San Damián un pequeno acto de conmemoración deste episodio da nosa historia local. Será un acto institucional no que participarán o alcalde, Fernando Suárez, eu mesma e no que o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, ofrecerá unha pequena presentación sobre aquel feito”.

Pilar Otero subliñou que “co obxectivo de achegar á veciñanza o aciago feito ocorrido con esta embarcación vaise colocar neste...

leer más
Etiquetas:
24/09/2019

Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.

O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.

Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
23/09/2019

Un grupo de 19 establecementos de Mondoñedo, coa colaboración do Concello, organizan a primeira edición do Entroido de Outono, que se celebrará o próximo día 28, na Praza do Concello. 

As actividades comezarán ás 19.00 horas e haberá premios para os mellores disfraces, segundo anuncian os organizadores.  Haberá tres premios individuais, outros tantos para parellas e tamén tres para grupos e comparsas. En caso de haber disfraces infantís, tamén haberá premios

Nos locais de hostalería que son patrocinadores deste primeiro Entroido de Outono haberá degustación de produtos típicos desta festa.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, agradece «o dinamismo e implicación da hostalería local que sempre se mostra predisposta a colaborar en eventos novos como este». Candia destaca a...

leer más
Etiquetas:
23/09/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para participar nas festas de San Froilán o día 6 de outubro, Domingo das Mozas.

A actividade inclúe a viaxe en autocar e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 15 euros.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.

 

Etiquetas:
20/09/2019

O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

A rexedora municipal explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11:00 a 15:00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”.

Rocío López anunciou...

leer más
Etiquetas:
18/09/2019

O X Encontro de Palilleiras de Xove vaise desenvolver o sábado, 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. 

As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro poden facelo ata o venres 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
   -Concello de Xove: 982 59 20 01.
   -Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
   -Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.
   
En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo  prazo para inscribirse, do 19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición terán que facela por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.