Autor

Etiquetas:
05/05/2016
Covas honrará ás Letras Galegas con "bocadillos de autor". Trátase de creacións especiais que se poderán degustar en 14 locais do 13 ao 17 de maio.
 
A asociacion de hostaleiros 'Beiras de Viveiro' (Covas-Viveiro, Lugo) ten preparado para a vindeira semana un xeito moi peculiar de celebrar o Día das Letras Galegas: entre o venres 13 e o martes 17 de maio catorce locais de Covas ofrecerán “Bocadillos de Autor”, que serán creacións especiais ao prezo de 2 euros.
 
Os locais que participan nestas xornadas gastronómicas son: Punto Galego, Os Píos, Aquitania, Temple, Sixties, O Mesón, Galipizza, As Tixolas, Dékada, A Gruta, Fórum, Low Cost, Parrillada Tomás e Zona Vip.