Eventos
O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, anunciou que xa están á venta en ataquilla.com as entradas para asistir aos tres espectáculos dos que gozarán bureleses e mariñáns en decembro. O día 20 será o musical infantil Vaya Santa Claus, o día 25 terá lugar a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucrania e o 27 Manuel Manquiña chegará a Burela con Relatos Negros. Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, subliña a importancia da presenza na localidade da Compañía Nacional de Danza de Ucrania, xa que se trata dun grande espectáculo de música e danza a cargo dun dos mellores elencos do mundo. Por este motivo Carballal recoméndalle ao seu alumnado que se achegue a disfrutalo.
O edil de Cultura contou que “temos á venta en ataquilla.com entradas dispoñibles para ver a Manuel Manquiña o 27 de decembro ás oito da tarde. É...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Portugal, con visitas a Lisboa e Óbidos, durante a ponte do 6 ao 8 de decembro.
A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa en hoteis de 3 estrelas con buffet libre, seguro de viaxe e excursións con guía durante todo o circuíto. O prezo é de 215 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
El Náutico Bar & Tapas, situado en el puerto deportivo de Ribadeo, organiza para este jueves el evento denominado La Noche de los Muertos, que incluye una cena especial, música a cargo del DJ Maxi y premio al mejor disfraz.
El menú para la cena está compuesto por los siguientes platos: totopos caseros (nachos con fundido de quesos y guacamole de tequila), terrible mexicana (bollo de brioche, hamburguesa de ternera 100%, cheddar, panceta, mix de lechugas y salsa mexicana), taco katrina (tortita de maíz, pollo al carbón, cebolla confitada, aguacate maduro y salsa especial de los muertos) y felices sueños (panna cota de frutos silvestres, hierbas aromáticas y almendras crujientes). El precio es de 20 euros por persona e incluye una copa de vino, un cañón de Estrella Galicia de bodega, un refresco o agua.
Menú...
leer másA axenda cultural do Concello de Burela para o mes de novembro inclúe teatro afeccionado para adultos e nenos, unha charla sobre alimentación saudable centrada na dieta atlántica, unha exposición fotográfica do club Imaxe de Burela e a V Festa da Castaña, que terá lugar o día 8 a partir das sete da tarde. Ademais de castañas, bebida e bolos preñados haberá sorteo de vales de compra da Acia local, a actuación de Ledicia e un obradoiro para os máis pequenos da man de Gaia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa temos preparada a programación do mes de novembro en Burela. Todos os eventos que hai este mes son gratuítos porque imos ter bastante teatro afeccionado con grupos que xa estiveron aquí e outros que debutan”.
O edil subliñou: “me gustaría destacar a presenza de Adala Infantil, o grupo de teatro...
leer másO Concello de O Valadouro organiza diversas actividades para celebrar o Samaín os días 30 e 31 de outubro.
O mércores 30 ás 17:00 horas, na Casa da Cultura, desenvolverase un obradoiro para a elaboración e decoración de detalles terroríficos e manualidades, no que os participantes poden levar a súa cabaza.
O xoves 31 ás 17:30 horas na Casa da Cultura, celebrarase unha festa de Samaín con photocall pintacaras e xogos, á que os asistentes poden acudir disfrazados.
A Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
A Concellería de Dinamización e Participación Veciñal de Barreiros organiza unha festa infantil de Samaín que se celebrará o 31 de outubro nas Escolas ao lado do Concello de Barreiros.
A festa está dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (nados entre os anos 2008 e 2016). A inscrición pode facerse na Biblioteca Municipal e Oficinas Xerais do Concello ata o luns 28 de outubro.
A festa desenvolverase entre as 10:00 e as 13:30 horas e celebraranse obradoiros de cabazas, manualidades, lectura de contos de Samaín, decoración da Casa do Concello e degustación de comida terrorífica para os participantes, cortesía da Asociación de Hostelería de Barreiros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o vindeiro martes, 29 de outubro, un Fam-Trip á Ruta da Faba ao que asistirán distintos operadores turísticos da Mariña e do resto de Galicia. O obxectivo desta acción, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar e espallar ao resto do territorio que acolle a indicación xeográfica protexida (IXP) este produto turístico con identidade propia e que ofrece ao visitante unha experiencia diferenciada.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explica que “aínda que o nome a relaciona, e con razón, ao concello laurentino a indicación xeográfica protexida (IXP) acolle actualmente a produción de Faba de Lourenzá en 15 concellos da Mariña Lucense. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as...
leer másO alumeado de Nadal en Ribadeo contará por primeira vez con 800.000 luces led entre farolas, arcos, árbores e figuras en 3D. O Concello sacouno hoxe a licitación por 23.900 euros ao ano. A vixencia do contrato será de dous anos con posibilidade de prórroga dun máis. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 15 días naturais, de modo que o prazo remata o 9 de novembro.
O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que “no día de hoxe sacamos desde o Concello de Ribadeo, a través da plataforma electrónica de contratos, a licitación do contrato de subministro e instalación de elementos de decoración luminosa durante as festas do Nadal”.
O rexedor dixo que “si ben é certo que cada ano imos tentando mellorar un pouquiño a iluminación do ano anterior, seguindo nesta liña, quixemos dar un paso adiante no...
leer másA ACR Fervenza de Sargadelos organiza unha festa de Samaín que se celebrará o día 31 de outubro nas Escolas Vellas de Cervo.
O programa comezará ás 18:45 horas co espectáculo O Espantamedos. Ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas será o concurso de disfraces e cabazas, no que os premios serán dous almorzos ou merendas saudables N´A Morena.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa estantiga das ánimas desde as Escolas Vellas ata a praza do Souto.
O Concello de Cervo colabora coa organización destas actividades.
O Concello de Burela inaugurará o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, explica que aínda que a empresa encargada colocará as luces durante o mes de novembro, non será ata o 5 de Nadal cando se proceda ao seu acendido.
O rexedor explicou que “este ano, falando coas empresas de iluminación do Nadal, xa marcamos cunha pouca antelación como fixemos o ano pasado, por razóns de tempo e de ocupación xa que teñen que atender moitos sitios as empresas que colocan as luces, acordaron comezar moito antes que outros anos a colocalas aquí en Burela. Así que si se ve poñendo as luces de Nadal é por razóns da empresa para poder realizar en todos os sitios en prazo todo o que teñen que montar”.
Alfredo Llano dixo que “este ano vaise acender o alumeado de Nadal en Burela o día 5 de decembro. É un día...
leer más