O X Encontro de Palilleiras de Xove vaise desenvolver o sábado, 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro poden facelo ata o venres 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
-Concello de Xove: 982 59 20 01.
-Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
-Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.
En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo prazo para inscribirse, do 19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición terán que facela por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.